Convocadas axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual
Mar, 21/05/2019 - 08:50
Orde do 6 de maio de 2019 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual (código de procedemento ED202A).
Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:
- O primeiro prazo, trinta e un (31) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, para o alumnado que realice a FCT nos períodos outubro 2018-marzo 2019 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2019. Acollerase a este primeiro prazo o alumnado de FP dual
- O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2019, para o alumnado de ciclos formativos que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2019. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2019. O alumnado que teña horario flexible con autorización da dirección xeral e remate despois do 31 de decembro de 2019 acollerase á seguinte convocatoria de axudas.