Bibliotecas Escolares Solidarias: centros seleccionados na acción Voluntariado de lectura-A (primaria)
Mar, 07/05/2019 - 11:41
Achégase arquivo coa Resolución de 7 de maio de 2019 relativa á convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos de 30 de novembro de 2018, do programa Bibliotecas Escolares Solidarias. Esta convocatoria foi ampliada pola Resolución de 15 de abril de 2019, da mesma dirección xeral na que se concretaban algúns aspectos relacionados con dúas accións integradas neste programa: Voluntariado de lectura-A (para alumnado de 5º e 6º de primaria) e o Selo "Biblioteca Escolar Solidaria".
Resólvese nesta resolución a modalidade Voluntariado de Lectura-A, coa selección de 10 centros de Voluntariado de lectura-A entre os 82 centros participantes neste curso 2018/2019, aos que se lles concede a organización, no propio centro, dun obradoiro relacionado coa narración oral e a lectura expresiva, o laboratorio de radio, a realización dun audiovisual ou xogos cooperativos e tradicionais ou a música e danza tradicionais, que cada centro deberá elixir segundo o seu interese e que irá dirixido a un grupo de alumnos e alumnas participantes no programa de voluntariado.
Este programa desenvólvese coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social.