Adxudicación definitiva do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura de Departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial para o ano 2019
Publicación da adxudicación definitiva do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura de departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial.
O persoal funcionario docente do corpo de mestres que acade destino neste concurso e que estea participando simultaneamente no concurso xeral de traslados publicado pola Orde do 15 de outubro de 2018, enténdese que renuncia á participación no dito concurso.
Contra a resolución definitiva o persoal interesado poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e124 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Orde do 26 de novembro de 2018 (DOG)
Instrucións para a reclamación da baremación
Resolución da adxudicación provisional
Listaxe da adxudicación provisional
Listaxe provisional de persoas participantes excluídas
Listaxe da adxudicación definitiva
Listaxe definitiva de persoal participante excluído
Resolución do 29 de abril de 2019: Adxudicación definitiva de destinos (DOG)
Instrucións para a toma de posesión do profesorado que obtivo un destino definitivo