Carmen Pomar destaca a importancia do esforzo para traballar o talento das persoas
A conselleira de Educación presidiu a entrega dos premios do certame Superlíderes
O concurso busca fomentar o espírito emprendedor entre escolares de 3º e 4º de Primaria
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, presidiu hoxe a entrega dos premios do certame Superlíderes, co que o seu departamento fomenta, motiva e sensibiliza ao alumnado de 3º e 4º de Primaria no espírito emprendedor.
A titular do departamento de ensino da Xunta de Galicia explicou que para acadar as competencias que cada nena e neno participante neste concurso demostrou ter é necesario “esforzarse moito para converter o talento natural nun superpoder”. Neste sentido, comprometeuse a seguir afondando nesta iniciativa nos próximos cursos.
Carmen Pomar agradeceu tamén aos docentes dos centros educativos participantes o seu traballo. “O noso agradecemento por comprometerse con este programa piloto e poñer todo o seu esforzo para orientar as rapazas e rapaces no camiño de descubrimento e reforzo dos seus talentos”.
Os gañadores de 3º curso foron os seguintes:
Superpoder |
Centro |
Alumno/a |
Dirección |
CEIP Ponte Sampaio (Pontevedra) |
Aroa García |
Negociación |
CEIP Flavia (Padrón) |
Víctor Abascal |
Persuasión |
CEIP Flavia (Padrón) |
Lois García |
Comunicación |
CEIP Flavia (Padrón) |
Érika Červeňák |
Enxeño |
CPR Plurilingüe Padre Feijoo Zorelle (Ourense) |
Maimouna Koulén |
Motivación |
CEIP Ponte Sampaio (Pontevedra) |
Andrea Fraguas |
No caso de 4º curso, os gañadores foron:
Superpoder |
Centro |
Alumno/a |
Dirección |
CEP Plurilingüe de Ventín (Ames) |
Aroa Riveiro |
Negociación |
CEP Plurilingüe de Ventín (Ames) |
Gabriela Leis |
Persuasión |
CPR Plurilingüe La Inmaculada (Santiago de Compostela) |
Diego Martínez |
Comunicación |
CEP Plurilingüe de Ventín (Ames) |
Celtia Lustres |
Enxeño |
CPR Plurilingüe La Inmaculada (Santiago de Compostela) |
Diana García |
Motivación |
CEP Plurilingüe de Ventín (Ames) |
Iria Riveiro |
Pola súa banda, o premio Supercole, ao centro participante que acadou un maior número de gañadores ao longo das diferentes fases do concurso en cada unha das modalidades foi para o CEIP Flavia (Padrón)
Ademais dos diplomas acreditativos as gañadoras e gañadores recibiron, en función da categoría, kits de robótica e drons como agasallo.
Enmarcado no Plan Eduemprende, Superlíderes propuxo 6 competencias que os escolares tiveron que practicar e fortalecer na aula: a motivación, o enxeño, a comunicación, a persuasión, a negociación e a capacidade de traballar e dirixir equipos.