O alumnado galego triunfa nas olimpíadas nacionais de formación profesional
Un total de 9 alumnas e alumnos galegos acadaron hoxe medallas en 8 skills nas olimpíadas nacionais de FP, Spainskills 2019, que se celebran desde o pasado martes no IFEMA de Madrid.
A nosa Comunidade participou a través dos gañadores das medallas de ouro das Galicia Skills, nun total de 26 skills.
A relación de galardoados é a seguinte:
MEDALLA E COMPETICIÓN |
CENTRO PARTICIPANTE |
ALUMNO |
TITOR |
Medalla de ouro Panadaría |
CIFP Paseo das Pontes (A Coruña) |
Yamila Sidati Novo |
Avelina Amado Fernández |
Medalla de ouro Ebanistaría |
CIFP Someso (A Coruña) |
Brais Mosquera Fuentes |
Benigno Rafael García Amor |
Medalla de prata CNC Fresado |
IES Politécnico de Vigo (Vigo) |
David Ucha Pérez |
Javier Fondevila Blanco |
Medalla de bronce Tecnoloxía do automóbil |
IES As Mariñas (Betanzos) |
Brais Fernández Rocha |
Miguel Vilela González |
Medalla de bronce Mecatrónica |
CIFP Ferrolterra (Ferrol) |
Leonardo Arturo Lanzoy Saavedra Rafael Regueiro Carballeira |
José Antonio Gómez Rodríguez |
Medalla de bronce Administración de sistemas en rede |
IES San Clemente (Santiago) |
Alejandro Buján Pampín |
Víctor Manuel Martínez Taboada |
Medalla de bronce Cociña |
CIFP Paseo das Pontes (A Coruña) |
Víctor Paz Soage |
Antonio Vieira Armada |
Medalla de bronce Atención sociosanitaria |
IES Lamas de Abade (Santiago) |
Iria Díaz Granja |
Mª Cristina Robledo Trabanco |
O obxectivo das olimpíadas de FP é amosar a capacitación dos estudantes destas ensinanzas nun escaparate que sirve como lugar de encontro de institucións e empresas.
As Spainskills celébranse cada dous anos e conta con representación de todas as CCAA. Os gañadores de medalla de ouro nesta competición representarán a España en Worldskills Kazan 2019 (Rusia) e en Euroskills Graz 2020 (Austria).
Cómpre sinalar que ademais das 28 alumnas e alumnos e 26 docentes participantes na competición oficial, outros 5 estudantes de centros educativos galego tomaron parte nas demostracións realizadas nas Spainskills nas modalidades de Recepción Hoteleira e Drons. Así mesmo, unha decena de profesoras e profesores de centros educativos galegos de FP participaron nestas olimpíadas como expertos no xurado das competicións por skills.