Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2018/2019 do corpo de mestres, de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional
Xúntanse as Resolucións do 16 de outubro de 2018 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproban as listaxes provisionais para a cobertura de interinidades e substitucións e as relacións provisionais de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2018-2019 correspondentes ao corpo de mestres, de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional.
- As persoas participantes nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 14 de marzo de 2018 con dereito á incorporación na lista poderán formular alegacións ás listaxes provisionais ante á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo de 10 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Educación, Formación Profesional e Universidade por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
- Non se admitirán as alegacións formuladas mediante o correo electrónico.
Resolución do 28 de xuño de 2017: Texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 (DOG)
Resolución do 25 de febreiro de 2018 (DOG)
Resolución provisional (primaria)
Resolución provisional (secundaria)
Listaxes provisionais de persoas excluídas (primaria)
Listaxes provisionais de persoas excluídas(secundaria)
Resolución definitiva (primaria)
Resolución definitiva (secundaria)