Recollida de documentación presentada para a baremación no concurso xeral de traslados 2018
Mér, 03/10/2018 - 09:20
As publicacións presentadas para a baremación no Concurso xeral de traslados poderán ser recollidas desde o día 8 ata o 26 de outubro en horario de 9,00 a 14,00 nos locais da Inspección educativa no enderezo seguinte: San Lázaro, 107 (Rúa da Besada) - 15703 Santiago de Compostela.
A documentación pode ser recollida polos interesados ou por unha persoa autorizada