Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos en relación coa organización e funcionamento das bibliotecas escolares. Curso 2018/2019.
Lun, 03/09/2018 - 15:00
Achégase arquivo coas Instrucións de 3 de setembro de 2018 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos en relación coa organización e o funcionamento das bibliotecas escolares durante o curso 2018/2019, nos centros docentes de niveis non universitarios, de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Inclúese o Anexo I de Anotacións ás devanditas instrucións. Acompáñase, igualmente, como anexo II un arquivo ao que se fai referencia nas instrucións, extraído da convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares para o presente curso 2018/2019 (Disposición adicional primeira), a título de orientacións.