Título node Learning object
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do Plan de Formación do Profesorado, oferta para este novo curso 2018-19 diversas actividades formativa en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero. Con esta oferta formativa búscase dotar de recursos ao profesorado galego co fin favorecer e impulsar o tratamento da igualdade na práctica docente como ferramenta fundamental para garantir a superación do sexismo nos procesos de aprendizaxe (coeducación) e mais para previr e abordar a violencia de xénero. A diversidade na oferta responde á necesidade de atender os intereses dos distintos colectivos profesionais, as necesidades educativas de cada etapa e mais intereses temáticos concretos.
Así mesmo, a ampliación da oferta formativa permitiralle ao profesorado adquirir a capacitación requirida a través do Decreto 70/2017, que establece tres niveis de recoñecemento dos coñecementos adquiridos en materia de igualdade e violencia de xénero (20 h no nivel básico, 150 h no nivel medio e 500 h no nivel superior).
Pódense consultar en FPROFE as características de cada curso, que resumimos deseguido brevemente:
- Actividades formativas xa desenvolvidos en cursos anteriores:
G1801025 - Abordaxe da violencia de xénero desde o ámbito educativo. Plan Proxecta. En rede. 30 h. 50 prazas.
G1801042 - Consumo e xénero. Plan Proxecta. En rede. 30 h. 50 prazas.
G1801074 - Orientación, titoría e construción da identidade libre de estereotipos de xénero. Plan Proxecta. En rede. 30 h. 50 prazas.
G1801052 – Estratexias para a promoción da igualdade no ámbito educativo. Plan Proxecta. En rede. 30 h. 50 prazas.
G1814001 – XX Foro galego de educación en igualdade. Plan Proxecta. Curso 2018-2019. Presencial, en Santiago de Compostela. 12 h. 180 prazas.
- Novidades do curso 2018/2019:
S1803001 – C1803002 – F1803002 – L1803003 – O1803002 - P1803002 - V1803001 - Calendario da igualdade. Edición en todas as sedes. Mixta (presencial + en rede). Ata 50 prazas. 50 h. Ao longo de todo o curso escolar, cunha sesión cada mes.
S1803003 – C1803003 – F1803003 – L1803005 – O1803004 - P1803003 - V1803003 - Comunicar en igualdade. Edición en todas as sedes. Mixta (presencial + en rede). 50 prazas. 50 h. 2º trimestre
S1803005 – C1803008 – F1803005 – L1803006 – O1803005 - P1803005 - V1803005 - STEM en feminino. Edición en todas as sedes. Presencial. 30 prazas. 20 h.
G1801085 - Formación inicial en igualdade. En rede. 30 prazas. 20 h.
G1801021 - Formación inicial en igualdade. Obrigatorio para o novo persoal docente. En rede. 30 prazas. 20 h. (Nivel básico esixido a través da disposición adicional segunda do devandito Decreto 70/2017).
F1801027 – Deseño e desenvolvemento do plan de igualdade do centro educativo. Edición en Ferrol. Mixta (presencial + en rede). Sen límite de prazas. 20 h. APRAZADA
S1801052 - V1801018 - Educación en igualdade nas relacións afectivo-sexuais. Edición en Santiago de Compostela e Vigo. Mixta (presencial + en rede). 30 prazas. 20 h.
G1801060 - Igualdade e Educación no ensino secundario e postobrigatorio. En rede. 50 prazas. 35 h.
G1801061 - Igualdade e Educación para Departamentos de Orientación. En rede. 50 prazas. 35 h.
G1801062 - Igualdade e Educación para equipos directivos. En rede. 50 prazas. 35 h.
G1801063 - Igualdade e Educación para profesorado de infantil e primaria. En rede. 50 prazas. 35 h.
S1802015 – Xornada de educación para a igualdade. Curso 2018-2019. Presencial. 250 prazas. 8 h.