Resólvense os premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2017/2018

Ven, 08/06/2018 - 14:11

Resólvese a VII edición dos premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos! da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e mais con OQO editora.

O xurado, logo de avaliar as curtas presentadas á VII edición de Nós tamén creamos!, resolveu outorgar os seguintes premios:

Categoría 1: 2.º ciclo de educación infantil

A mellor sopa do mundo, do CEIP Labarta Pose. Zas. A Coruña

 

Categoría 2: 1.º e 2.º cursos de educación primaria

Coas mans baleiras, do CEIP de Ponzos. Ferrol. A Coruña

Categoría 3: 3.º e 4.º cursos de educación primaria

A mellor sopa do mundo – CEIP A Xunqueira núm. 2. Pontevedra

Menú Advertisement

Lingua galega

Sen términos