Título node Learning object
A Consellería de Sanidade vén de por en marcha o concurso “CHEFS SAUDABLES”, que consiste na elaboración dun vídeo no que os escolares han de preparar unha receita saudable dun prato principal que cando menos conteña legumes, pescados e/ou verduras e hortalizas.
No vídeo debe incluírse unha explicación de por que os escolares consideran que a receita é saudable e cal foi o motivo da súa elección.
O concurso está aberto a todos os centros docentes de Galicia que teñan alumnado matriculado na educación infantil e primaria.
Establécense tres categorías de participación:
-
1ª Categoría:Educación infantil (4º a 6º curso).
-
2ª Categoría:Educación primaria(1º a 3º curso).
-
3ª Categoría: Educación primaria (4º a 6º curso).
-
Categoría especial: Centros educativos cun máximo de 50 escolares de educación infantil e primaria.
- Prazo de presentación de solicitudes: ata o 15/03/2018
Toda a información relativa a este concurso está dispoñible na seguinte ligazón:www.sergas.es/Saude-publica/Chefs-saudables"