Título node Learning object

Apuntámonos a non beber
Xov, 14/09/2017 - 11:27

Ficha técnica

Proxecta

Institución:

  • Consellería de Sanidade

    • Dirección Xeral de Saúde Publica

      Servizo de Prevención de Condutas Aditivas

Ámbito:promoción da saúde,/prevención de conductas adictivas/ educación en hábitos
saudables/educación en competencias psicosociais.

Definición: O programa educativo Apuntámonos a non beber está dirixido a nenos e nenas de idades comprendiadas entre os 11 e 14 anos de idade, etapa na que se da o contacto inicial coas bebidas alcohólicas.
Apuntámonos a non beber, consiste en desenvolver un proxecto relacionado coa prevención do consumo do alcohol e das bebidas enerxéticas en persoas menores de idade.
Os centros escolares promoverán que cada aula participante elabore un traballo en equipo no que terán que entregar unha campaña de contrapublicidade do consumo de bebidas alcohólicas ou enerxéticas en soporte audiovisual ou en cartel ou slogan publicitario.

O persoal docente deberá participar no antedito programa asumindo o seu compromiso e implicación no seu desenvolvemento e na participación nas intervencións presencias que se leven a cabo co alumnado e as familias.

Vinculación cos ODS da Axenda 2030

  • ODS 3. Saúde e benestar

Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: 6º de primaria, 1º e 2º de ESO
Límite de centros participantes: O número total de centros participantes por provincia
determinarase en función da capacidade organizativa.

Criterios de selección:

  1. Orde de entrada
  2. Idoneidade e calidade do proxecto presentado.

Responsable do programa:

Nome: Elena Quintela Loureiro
Departamento: Servizo de Prevención de Condutas Aditivas
Teléfono: 881 540 112
Correo electrónico: elena.quintela.loureiro@sergas.es  


Xustificación

O alcohol é a sustancia psicoactiva mais consumida. Este é a conclusión que se achega a partir
dos datos obtidos no ano 2021 na última Enquisa sobre uso de Drogas en Estudantes de
Ensinanzas Secundarias entre o alumnado de idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos.
O inicio do consumo de alcohol situase nos 14 anos, non detectándose diferencias significativas
entre sexos e sendo a sustancia que ten unha maior prevalencia entre os menores de 14 a 18
anos. De entre eles, un alto porcentaxe, o 73,9%, di ter inxerido bebidas alcohólicas nalgunha
ocasión, resultando que unha grande maioría, inxeriu alcohol durante un período de 12 meses.
O 23,2% dos estudantes experimentaron unha borracheira durante este tempo e o 27,9%
realizou bringe drinking, beber cinco o mais bebidas alcohólicas nun intervalo aproximado de
dúas horas. (ESTUDES 2021).
En Galicia, o 20.3% dos estudantes de secundaria de 14 a 18 anos declarar realizar este tipo de
prácticas o que supón unha proporción inferior á rexistrada a nivel nacional (27,9%) ( ESTUDES
2020-21).
Do mesmo xeito que ocorre có consumo xeral de alcohol, o Binge Drinking aumenta conforme
avanza a idade do alumnado. Así, en Galicia pásase dun consumo en atracón do 10,9% entre os
alumnos de 14 anos, ao 32,7% no segmento dos 18 anos.
En canto ao sexo e a diferencia da referencia nacional, en Galicia obsérvase que estas pautas de
consumo de alcohol teñen unha maior presenza entre os mozos (21,7%) que entre as mozas
(18,9%) (ESTUDES 2020 _ Informe Galicia).
O consumo de bebidas alcohólicas durante a adolescencia interfire de xeito significativo no
crecemento e no desenvolvemento da personalidade. As consecuencias, sempre negativas, que
poden ser inmediatas ou aparecer a medio o incluso longo prazo, poden afectar a diferentes
órganos, as relacións familiares e sociais, comprometer o equilibrio no seu estado emocional,
e afectar ao desenvolvemento da súa formación, chegando incluso a comprometer o seu
futuro.
Un dos canles que exerce unha grande influenza, e non sempre positiva, sobre os adolescentes,
xunto coa presión social, é a publicidade. Esta non soamente condiciona os seus hábitos de
consumo senón que provoca cambios nas súas actitudes e no seu sistema de valores. É para
contrarrestar os seus efectos é clave a información que reciba de profesionais sobre o consumo
de bebidas alcohólicas e de bebidas enerxéticas e os seus efectos, e o apoio e confianza que se
lles proporcione dende a familia, que debe de exercer un rol de autoridade claro,a vez que
equilibrado coa comunicación e o dialogo.
O obxectivo é acadar que os nenos e nenas teñan un consumo cero nunha etapa, á da
adolescencia, na que as consecuencias poden chegar a ser moi graves e afectar seriamente ao
desenvolvemento integral,ademais de que todas as persoas, pais e adultos que están na vida dos nenos e nenas adolescentes, transmitan mensaxes axeitados e sexan modelos
exemplarizantes, mantendo condutas que xeren credibilidade e ríspeto.

Obxectivos

Obxectivo xeral

Previr o consumo de bebidas alcohólicas e enerxéticas en menores de idade, atrasar a idade do
seu comenzo e, no caso de que xa se iniciase o consumo, indicar os pasos a seguir para
modificar as pautas educativas e de conduta relacionadas co mesmo.

Obxectivos específicos

1. Potenciar as habilidades para saber dicir NON ante as presións grupais.
2. Coñecer os principios básicos relacionados coa lexislación en materia de prevención da
adicción ao alcohol en relación cos menores.
3. Coñecer a relación entre o consumo de bebidas alcohólicas e enerxéticas, a saúde e os
riscos de exclusión social.
4. Desnormalizar a conduta de consumir bebidas alcohólicas e enerxéticas en idade
adolescente
5. Desenvolver habilidades sociais e estratexias de socialización e de asertividade en
ámbitos libres de consumo de bebidas alcohólicas e enerxéticas.
6. Aprender a canalizar os propios intereses para construír modelos de ocio alternativos ao
consumo de bebidas alcohólicas e enerxéticas.
7. Coñecer a implicación dos conceptos “consumo de baixo risco” e “dependencia ou
adicción”.
8. Utilizar unha linguaxe correcta ao falar do consumo de alcohol, non utilizando conceptos
que den lugar a confusión por ex.:“consumo moderado”, “consumo recomendado”,
“consumo abusivo” e “consumo responsable”.
9. Coñecer os mitos en canto ao consumo de bebidas alcohólicas,enerxéticas e outras
substancias psicoactivas.
10. Analizar con espírito crítico a publicidade de bebidas alcohólicas e enerxéticas e a
procura das novas persoas consumidoras (mensaxes, cores, imaxes, linguaxes; asociación
entre o consumo de bebidas alcohólicas con determinados valores sociais como o éxito
social, status social...).
11. Desenvolver estratexias creativas para canalizar as súas ideas.
12. Dar pautas para que o alumnado poda deseñar unha campaña de prevención do
consumo de bebidas alcohólicas ou enerxéticas.

Palabras clave: adicción, dependencia, bebida alcohólica, mocidade, bebida enerxética.

Metodoloxía e temporización:

O alumnado cumprimentara un cuestionario durante o primeiro trimestre do curso escolar e á
finalización deste. As ligazóns para acceder ao cuestionario son as seguintes:

 

ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA O 1º TRIMESTRE

No 1º trimestre farase unha intervención no centro escolar para o ALUMNADO de 1h40 de
duración (dúas horas lectivas) por parte da persoa da xefatura territorial de sanidade
responsable do programa.
Nesta intervención co alumnado e o profesorado implicado no programa explicarase con detalle
en que consiste o programa. O profesorado do centro responsable do desenvolvemento do
programa deberá estar presente no momento da intervención.
O contido da sesión será o seguinte:
1. Apuntámonos a non beber
2. Que é una adición
3. Por que o consumo de bebidas alcohólicas é un problema na nosa sociedade?
4. Que nos recomenda a OMS en relación co consumo de bebidas alcohólicas
5. As bebidas enerxéticas e a implicación para a saúde
6. Mitos sobre o consumo de bebidas alcohólicas e as bebidas enerxéticas

ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA O 2º TRIMESTRE

No 2º trimestre farase unha intervención no centro escolar para o ALUMNADO de 1h40 (dúas
horas lectivas) de duración por parte da persoa da xefatura territorial de sanidade responsable
do programa. O profesorado do centro responsable do desenvolvemento do programa deberá
estar presente no momento da intervención.
O contido da sesión será:
1. A Lei 11/2010, de 17 de decembro, de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en
menores de idade
2. Analizar con espírito crítico a publicidade de bebidas alcohólicas e a procura das novas
persoas consumidoras (mensaxes, cores, imaxes, linguaxes; asociación entre o consumo de
bebidas alcohólicas con determinados valores sociais,...).
3. Desenvolver estratexias creativas para canalizar as súas ideas.
4. Dar pautas para que o alumnado poda deseñar unha campaña de prevención do consumo de
bebidas alcohólicas ou enerxéticas en calquera soporte.
Neste trimestre, a aula deberá traballar nun proxecto común elaborando unha CAMPAÑA DE
CONTRAPUBLICIDADE sobre un anuncio de bebidas alcohólicas ou enerxéticas. en formato
audiovisual , gráfico ( cartel publicitario, slogan.....) ou deseño dunha paxina web.
Todas as intervencións inclúen unha presentación en PPT para que o profesorado poda
remarcar aqueles puntos que considere máis importantes.
Só se acepta un traballo por aula.

ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA O 3º TRIMESTRE

Neste 3º trimestre farase unha intervención no centro de dúas horas de duración para as
FAMILIAS do alumnado participante no programa (sendo posible ofertala a todas as familias do
alumnado do centro en caso de dispoñer de espazo suficiente) por parte da persoa da xefatura
territorial de sanidade responsable do programa.
O profesorado do centro responsable do desenvolvemento do programa deberá estar presente
no momento da intervención.
Nesta intervención coas familias e o profesorado implicado no programa explicarase o seguinte:

1. Por que o consumo de bebidas alcohólicas é un problema na nosa sociedade. Recomendacións
da OMS en relación co consumo de bebidas alcohólicas.

2. Que é una adición?. Consumo de “baixo risco”, dependencia e adicción.

3. Adolescencia, tempo de cambios. Comportamentos de risco e limites.

4. Consumo de alcohol e outras sustancias tóxicas. Os seus efectos no organismo do
adolescente, no rendemento escolar e nas relacións familiares.

5. Bebidas enerxéticas. Sensibilización e información dos perigos do uso do consumo nestas
idades. O papel da familia na normalización do consumo

6.Familia, escola e amigos, tres apoios fundamentais para o adolescente.

7. Lexislación vixente en Galicia sobre bebidas alcohólicas Consumo, delito e responsabilidade
legal dos pais, nais ou titores legais.

8. Guia para pais e nais: preguntas ( máis frecuentes) con resposta

• ¿A que idade podo comenzar a falar co meu fillo ou filla sobre o consumo de bebidas
alcohólicas? ¿e sobre as enerxéticas?
• ¿ En que momento debo de abordar o tema?
• ¿ Que lle digo ao meu fillo ou filla para que saiba resistir a presión do seu grupo de
iguais e rexeite beber? ¿ É importante que coñeza as amizades do meu fillo ou filla?
• ¿Debo de prohibirlle ao meu fillo ou filla que se relacione con amigos ou compañeiros
que beben?
• ¿ Como falar, de xeito construtivo co meu fillo ou filla dos seus amigos que beben?
• Na casa os adultos bebemos alcohol, ¿como explícolle ao meu fillo ou filla que non
pode facelo?
• ¿Como podo saber si o mei fillo ou filla consume alcohol?
• ¿Que fago si o meu fillo ou filla chega a casa borracho?
• Dende fai un tempo noto que o meu fillo/a está mais distante, non me conta nada,
encérrase na súa habitación, esta mais rebelde, desobediente ¿ que fago?

9. Estratexias para previr os consumos na idade adolescente.

Actividades e Recursos

Entre as actividades do programa recóllense as seguintes:
O programa está deseñado para traballar na aula como un proxecto interdisciplinar e como
tema transversal no Proxecto Educativo de Centro, integrado no espazo da Educación para a
saúde. As actividades deben ser desenvolvidas ao longo de todo o curso escolar.

Produto final

Cada aula participante deberá entregar unha campaña de contrapublicidade do consumo de
bebidas alcohólicas ou enerxéticas en formato audiovisual o gráfico ( cartel publicitario,
slogan.....) ou deseño dunha paxina web.

Entregarase UN SÓ TRABALLO POR AULA PARTICIPANTE. A súa entrega terá como data limite
o 15 de maio de 2025.
Haberá un premio para os 3 mellores proxectos de campañas de contrapublicidade realizadas
por cada aula. O premio gozarao toda a aula gañadora. As persoas técnicas responsables do
programa informarán ao centro educativo cales son as aulas gañadoras do premio.

 

Criterios de avaliación da memoria final

 

Criterios xerais do Plan Proxecta

1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto

Criterios específicos

4. Participación de forma activa do alumnado e do profesorado na xornada de formación presencial.

5. Participación de forma activa do alumnado e do profesorado no traballo para a realización do proxecto final.

6. Participación de forma activa das familias e do profesorado na intervención de formación presencial.

 

Menús Learning object node R