Bibliotecas Escolares Solidarias: Centros seleccionados nas iniciativas "Voluntariado de lectura-A" e Selo "Biblioteca Escolar Solidaria"
Xúntase arquivo da Resolución de 22 de maio da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se seleccionan centros, en función das memorias de actividades correspondentes, en dúas das iniciativas contempladas no programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS, para o curso 2016/2017.
1. Voluntariado de lectura-A: Selecciónanse 8 centros, vistas as memorias presentadas por 52 dos 56 centros inscritos nesta acción:
Centro |
Concello |
Provincia |
Modalidades |
CEIP Francisco Vales Villamarín |
Betanzos |
A Coruña |
1-2 |
CEIP Nicolás del Río |
Cedeira |
A Coruña |
1-2 |
CEIP Ramón Falcón |
Castro de Rei |
Lugo |
1-2-3 |
CEIP P. Virxe do Carme |
Sober |
Lugo |
1-2 |
CEIP P.Manuel Bermúdez Couso |
Pobra de Trives (A) |
Ourense |
1-2-3 |
CEIP A Sangriña |
Guarda (A) |
Pontevedra |
1-2-3 |
CEIP Altamira |
Salceda de Caselas |
Pontevedra |
1-2-3 |
CEIP de Leirado |
Salvaterra de Miño |
Pontevedra |
1-2 |
Desde o seguimento do programa iniciaranse os contactos cos centros seleccionados para organizar a realización, no propio centro, dun obradoiro específico destinado ao alumnado voluntario participante da iniciativa.
Como actividade integrada nos programas de voluntariado da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, o alumnado directamente implicado e responsable das actividades de voluntariado de lectura e de atención á biblioteca escolar, de todos os centros inscritos no seu momento, recibirá un diploma pola súa colaboración como acción de voluntariado cultural, así como material divulgativo e de apoio ao programa.
2. Selo "Biblioteca Escolar Solidaria": Concédes o Selo "Biblioteca Escolar Solidaria" ao CRA Mestra Clara Torres, de Tui (Pontevedra).
Aqueles centros aos que lles foi concedido o selo en anos anteriores consérvano até non se revise esta concesión e non precisan candidatarse novamente.