Título node Learning object
Convocante
Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Obxectivo e descrición
A finalidade é facilitar que a xuventude galega poida participar en actividades de tempo libre de calidade.
A participación na oferta da Campaña de verán 2017 realizarase mediante inscrición individual ou múltiple (para os supostos de dous/dúas, tres ou catro irmáns/ás).
As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:
- Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/da mozo/a.
- Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
- Manutención en réxime de pensión completa.
- O material necesario para a actividade.
- Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais que por razón da súa discapacidade precisen apoio, disporase de persoal que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.
- Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
- Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.
Prazo de inscrición
Ata o 02/05/2017.
Horario
Quendas de entre unha semana e quince días durante os meses de xullo e agosto. A incorporación aos campamentos e albergues de Galicia será por conta da persoa interesada o día de inicio da quenda correspondente, entre as 16:00 e as 19:00 horas. Non se admitirá ningún/ningunha participante despois deste límite.
Prezo
Variable segundo actividade (ver anexo da convocatoria). Descontos: 50% para integrantes de familia numerosa e 25% para usuarios/as do carné xove.
Requisitos
- Mozos/as galegos/as residentes en Galicia, con idades comprendidas entre os 9 e os 17 anos: os/as nacidos/as no ano 1999 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento, e os/as nacidos/as no ano 2008 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento.
- Persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%, que non teñan necesidade de axuda de unha terceira persoa, teñan capacidade de integración nun grupo e que as súas limitacións e/ou necesidades especiais lles permitan participar e beneficiarse das actividades.
- Non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio nin trastorno de conduta e/ou de comportamento que dificulte a convivencia.