Apertura de prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións nas especialidades de Grego, Latín, Sistemas electrónicos e Sistemas electrotécnicos e automáticos, Instalacións electrotécnicas, Máquinas servizos e produción, Oficina e proxectos..
Anuncio do 10 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a apertura do prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidades 590002-Grego, 590003-Latín, 590124-Sistemas electrónicos e 590125-Sistemas electrotécnicos e automáticos e no corpo de profesores técnicos de formación profesional nas especialidades 591206-Instalacións electrotécnicas, 591210-Máquinas servizos e produción, 591212-Oficina e proxectos de construción e 591218-Perrucaría.
- O prazo para presentar a instancia ou as instancias de solicitude, así como a documentación xustificativa dos requisitos mínimos exixidos e dos méritos alegados para a súa baremación, será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia
Anuncio do 10 de febreiro de 2017 (DOG) Modelo de solicitude Baremo que se aplica Relación de méritos para interinidades e substitucións Anuncio do 29 de marzo de 2017 (DOG) Relación de excluídos provisionais Anuncio do 25 de abril de 2017: Puntuacións definitivas (DOG) Relación de excluídos definitivos