Resolución da convocatoria para incentivar o funcionamento de Clubs de lectura en centros públicos durante o curso 2016/2017
Ven, 30/12/2016 - 14:20
Xúntase a resolución de 30 de decembro de 2016, relativa á convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos de 1 de setembro de 2016, pola que se incentiva o funcionamento de Clubs de lectura en centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que imparten ensinanzas de educación secundaria, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial, para o curso 2016/2017. Reciben asignacións para o funcionamento do club de lectura un total de 243 centros.