Título node Learning object
En que consiste
Ao abeiro do convenio de colaboración para a obtención do Diploma de estudos en lingua francesa na súa versión escolar ( http://www.edu.xunta.gal/portal/node/19401 ) -asinado o 29 de xuño de 2016 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Servizo de Cooperación e de Acción Cultural da Embaixada de Francia en España- que, na súa cláusula quinta, establece a habilitación do profesorado de francés para examinar e corrixir as probas dos exames do DELF escolar, convócanse dous cursos de formación.
Ambos os dous cursos serán impartidos por formadores acreditados polo CIEP -Ministerio de Educación de Francia a través do Servicio de Cooperación y acción cultural de la Embajada de Francia en España-, homologados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e contarán cunha certificación de 10 e 20 horas de formación permanente do profesorado respectivamente.
Modalidades de destinatarios/as
1) Curso: Avaliar segundo os criterios do MECRL.
Obxectivo: Adquirir, reforzar e compartir ferramentas didácticas e prácticas para avaliar as probas do DELF escolar e preparar ao seu alumnado para as ditas probas.
Duración: 8 horas.
Datas: 19 e 20 de xaneiro ou 26 e 27 de xaneiro.
Horarios: de 16h a 20h
Lugares de realización:
A Coruña: 19 e 20 de xaneiro.
Lugo: 26 e 27 de xaneiro.
Ourense: 26 e 27 de xaneiro.
Santiago de Compostela: 19 e 20 de xaneiro.
Vigo: 19 e 20 de xaneiro.
Perfil do profesorado:
-
Profesores especialistas de lingua francesa.
-
Profesorado que imparte unha sección bilingüe en francés que acredite posuír o título C1 no MCERL.
Prazas: máximo de 12 prazas por lugar de realización do curso.
Para poder configurar o grupo requírese un mínimo de 6 persoas participantes.
2) Curso: Habilitación oficial para examinar e corrixir as probas do DELF escolar.
Obxectivo: Avaliar as habilidades das persoas candidatas ao DELF escolar segundo as pautas que rexen o diploma en cada nivel (A2, B1 e B2).
Duración: 20 horas lectivas.
Datas: 16, 17, 18, 23 e 24 de febreiro.
Horarios: 16,17 de febreiro de 16h a 20h.
18 de febreiro de 10h a 14h.
23 e 24 de febreiro de 16h a 20h.
Lugares de realización: A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.
Perfil do profesorado:
-
Profesorado de ensinanza secundaria especialista en lingua francesa.
Para acceder ao curso terá preferencia o profesorado que acredite ter preparado o seu alumnado para os exames do DELF en convocatorias anteriores e que teña participado no curso anterior: Avaliar segundo os criterios do MCERL.