Título node Learning object

Proxectos de Vida Activa e Deportiva - PVAD
Lun, 12/09/2016 - 14:10

Ficha técnica

Proxecta

Institución:

  • Presidencia da Xunta de Galicia
    • Secretaría Xeral para o Deporte
    • Fundación Deporte Galego

Ámbito: hábitos saudables / inclusión / mobilidade / desenvolvemento sustentable / medio ambiente / igualdade / dereitos da infancia
 

Definición:

O programa consiste en deseñar, executar e avaliar un proxecto relacionado cos hábitos de vida activa e saudable, buscando o incremento diario de actividade física que realiza o alumnado, tanto dentro como fóra do centro, e a medición do impacto que ten este incremento da carga de actividade física realizada na saúde dos escolares.

Os centros participantes promoverán a elaboración dun traballo en equipo no que OBRIGATORIAMENTE terán que:

  • (obrigatorio) Identificar todas as actuacións que se leven a cabo no centro educativo, xa sexa dentro como fóra do centro e dentro ou fóra do horario lectivo que fomenten a actividade física e os hábitos de vida saudable.
  • (obrigatorio) Dinamizar e promover hábitos de vida activa e saudable, rendibilizando os recursos existentes no seu ámbito de influencia (públicos e privados).
  • (obrigatorio) Recoller a analizar os datos de consumos de actividade física, tanto ao inicio do proxecto como ao finalizar o mesmo, para evidenciar os posibles cambios conseguidos.
  • (opcional) Avaliar a condición física saudable a través da Plataforma DAFIS, para traballar na mellora da mesma a través do incremento da carga de actividade física realizada.
  • (opcional) Analizar e comparar os consumos de actividade física do alumnado coa nota media académica.

Vinculación cos ODS da Axenda 2030

  • ODS 3. Saúde e benestar
  • ODS 4. Educación de calidade
  • ODS 5. Igualdade de xénero
  • ODS 10. Redución das desigualdades
  • ODS 11. Cidades e comunidades sustentable

 

Temporización:

curso completo

Alumnado ao que vai dirixido:

Todos

Límite de centros participantes:

Non existe límite de participación

Limite de docente participantes por centro:

Non existe límite de participación. En todo caso, o número de profesorado participante estará sempre vinculado á dimensión do proxecto presentado, e as súas funcións dentro do mesmo.

Límite de alumnado participante por centro:

Non existe límite de participación. Na modalidade DAFIS, máximo 60 centros.

Criterios de selección:

  • Calidade do proxecto presentado
  • Para a modalidade de DAFIS, terase en conta a participación en cursos anteriores.

    Persoa/s responsable/s do programa:

    Nome: Miguel Rodríguez del Corral
    Departamento: Fundación Deporte Galego
    Teléfono: 881996376
    Correo electrónico: miguel.rodriguez.corral@xunta.gal

    Nome: Iván Clavel San Emeterio
    Departamento: Fundación Deporte Galego
    Teléfono: 881996373
    Correo electrónico: ivan.clavel.sanemeterio@xunta.gal


    Obxectivos

    Obxectivos xerais

    1. Loitar contra a inactividade física e o sedentarismo, creando hábitos que perduren fóra do centro escolar e ao longo de toda a vida, dende a infancia ata a vellez.
    2. Actuar (o centro) dinamizador e promotor de hábitos de vida activa e saudable, rentabilizando os recursos existentes no seu ámbito de influencia (públicos e privados).
    3. Fomentar que o 100% das alumnas e alumnos reciban información e asesoramento de como incorporar no seu día a día, tanto no horario lectivo coma non lectivo, actividade física, exercicio físico ou deporte como hábito de vida saudable,
    4. Incrementar na súa estadía no centro a práctica de actividade física de calidade.

    Obxectivos específicos

    1. Integrar a filosofía do programa dentro do centro educativo (claustro, consello escolar, comunidade educativa, programa educativo, plan anual).
    2. Estruturar e ordenar todas as posibilidades ao alcance do centro educativo para fomentar na comunidade educativa a necesidade de levar unha vida activa, elaborando mapas de recursos existentes ao alcance da comunidade educativa.
    3. Valorar a condición física para a saúde do alumnado como método de avaliación e seguimento das accións propostas dentro do programa, tanto neste curso escolar coma nos vindeiros anos.
    4. Dar a coñecer á comunidade educativa, a través dun blog, web do centro etc. de todas as accións que se realizan no marco da participación neste programa e como medio dinamizador dos obxectivos do mesmo. Será obrigatorio incorporar o logo do proxecto á paxina web do centro para a difusión das actividades.
    5. Utilizar novas tecnoloxías para o seguimento da saúde (DAFIS).
    6. Coñecer a cantidade mínima de exercicio físico que se debe realizar dentro de cada grupo de idade para levar unha vida activa e saudable.

    Palabras clave: Actividade física, saúde, vida activa, deportes

    Metodoloxía e temporalización:

    O programa pretende axudar os centros docentes a elaborar o seu Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD) abordando a loita contra o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade a través do incremento, dentro e fóra do hoario lectivo, da carga real de actividade física que realiza o alumnado.

    O programa "Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVDA)" desenvolve os contidos aplicables ao ámbito educativo que conteñen os seguintes textos legais:

    • Plan Galego para o fomento da Actividade Física Galicia Saudable
    • Plan integral para a actividade fiísica e o deporte en idade escolar / O centro escolar promotor da actividade física e o deporte/ O proxecto Deportivo de Centro

    Para o desenvolvemento dos PVDA, os centros teñen dúas posibilidades:

    • Deseñar, executar e avaliar o seu PVDA de forma autónoma, con ferramentas propias.
    • Deseñar, executar, avaliar o seu PVDA apoiándose nas diferentes modalidades que ofrece o programa, a maiores doutras actividades propias:
    1. Plataforma de valoración da condición físia saudble DAFIS
    2. Mais e Mellor Actividade Física
    3. Movete +
    4. XOGADE
    5. Milla diaria
    6. Camiña/ en bici a escola.

    As modalidades non son exluíntes, xa que todas son ferramentas que axudan ao incremento da carga de actividade física que realiza o alumnado.

    (1) DAFIS (obrigaroiro facer a formación específiva: Plataforma de valoración física par aa saúde" (Código: G2302025)

    • Valorar a condición física para a saúde do alumnado a través das probas e dos test propostos.
    • Traballar, en base os resultados obtidos, na mellora da condición fisica saudable, tanto de forma individual, como global (clase, centro educativo), do alumnado.
    • Traballar de forma transversal os contidos de actividade física diaria e hábitos saudables (alimentación, hixiene, condutas nocivas -alcol, tabaco, sedentarismo asociado a pantallas-).

    (2) Máis e Mellor Actividade Física (MMAF)

    • Traballar de forma compartida con outras materias (CCNN/CCSS, Matemáticas, Música, etc) impartindo contidos curriculares comúns ou propios a través da actividade física.
    • Incrementar a carga de actividade física lectiva do alumnado.
    • Traballar de forma transversal os contidos de actividade física diaria e hábitos saudables (alimentación, hixiene, condutas nocivas -alcol, tabaco, sedentarismo asociado a pantallas-).

    (3) Móvete+.

    • Fomentar a actividade física a través de actividades con música e movemento.
    • Traballar de forma transversal os contidos da actividade física diaria e hábitos saudables (alimentación, hixiene, condutas nocivas -alcol, tabaco, sedentarismo asociado a pantallas).

    (4) Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar (XOGADE)

    • Participación nalgunha das submodalidades existentes na actividade deportiva escolar, recollidas na seguinte enderezo web https://xogade.xunta.gal
    • Traballar na mellora da condición física saudable do alumando aproveitando a participación en Xogade.
    • Traballar de forma transversal os contidos da actividade física diaria e hábitos saudables (alimentación, hixiene, condutas nocivas -alcol, tabaco, sedentarismo asociado a pantallas).

    (5) Milla diaria

    • Realizar unha milla diaria (andando/trotando) dentro do horario lectivo.
    • Incrementar a actividade física diaria dentro do horario lectivo.
    • Medir o impacto na saúde do alumnado a través do seguimento duns parámetros mínimos saudables (peso, perímetro de cintura-cadeira, talla <IMC>).
    • Traballar de forma transversal os contidos da actividade física diaria e hábitos saudables (alimentación, hixiene, condutas nocivas -alcol, tabaco, sedentarismo asociado a pantallas-).

    (6) Camiña/en bici á escola.

    • Deseño e posta en marcha de rutas seguras para ir ao cole andando ou en bici.
    • Realización de talleres de seguridade viaria.
    • Traballar de forma transversal os contidos de actividade física diaria e hábitos saudables (alimentación, hixiene, condutas nocivas -alcol, tabaco, sedentarismo asociado a pantallas).

    Os proxectos presentados deberán contar, como mínimo, coa seguinte temporalización:

    1. Análisis da realidade: que ocurre no meu centro, cal e o noso punto de partida

    • Actividade nesta fase:

    • Recollida de datos coa ficha de autoavaliación para centros educativos. Axuda a identificar todas a s actividades que o centro xa está a realizar na promoción de actividade físico-deportiva e hábitos de vida saudables.

    • Revisión do Anexo modelo de actividades: recolle exemplos de actividades por ámbitos temporal.
    • Coñezo ao alumnado: Obxectivo: axuda a identificar un nivel de partida, tanto a nivel de composición corporal e actividade física realizada, como a nivel de condición física saudable, para poder establecer a posible mellora e avaliar o proxecto.

      • cuestionarios propios de consumos de actividade física diaria e semanal.
      • cuestionarios/enquisas de actividade deportiva federada.
      • Cuestionarios IPAQ adaptados as idades infanto-xuvenil.
      • medición de parámetros de ocmposición corporal (tamén incluïdos en DAFIS). Altura,peso (IMC), perímetors de cintura e cadeira.
      • medición DAFIS (Datos Actividade Física Saudable). Realizadas ao inicio de curso permiten establecer o punto de partida do alumnado, e traballar de forma individualizada a través dos informes para a mellora específica dos parámetros rexistrados.
    • Actividades na fase de execución do proxecto:

      • Realización de actividades propostas para a mellora da actividade física diaria, a vida activa e a saúde que realiza o alumnado

    • Actividades na fase de avaliación do proxecto:

      • Repetición das actividades recollidas en Coñezo ao meu alumnado: Obxectivo: establecer o nivel de mellora respecto aos datos iniciais, e planificar obxectivos cara o seguinte curso.
      • Cuestionarios propios de consumos de actividade física diaria e semanal.
      • Cuestionarios/enquisas de actividade deportiva federada.
      • Cuestionarios IPAQ adaptados as idades infanto-xuvenil.
      • Medicións de parámetros de composición corporal (tamen incluídos en DAFIS): Altura, peso (IMC), perímetros de cintura e cadeira.
      • Medicións DAFIS (Datos Actividade Física Saudable).
      • Recopilación de datos numéricos es estatisticas das diferentes modalidades:
        • Plataforma de valoración da condición física saudable DAFIS. Nº de valoracións realizadas, datos globais, etc.
        • Mais e Mellor Actividade Física. Nº de sesións realizadas, co correspondente incremento da carga de actividade fisica que realiza o alumnado.
        • Movete+. Nº de pasos, coreografias, tempo efectivo de incremento de actividade fisica realizada.
        • XOGADE. Datos da participacion en XOGADE.
        • Milla diaria. Km percorridos, Calorias consumidas , voltas ao patio realizadas, etc
        • Camiña/ en bici a escola. Itineriaos realizados, km percorridos, alumnado participante, etc.
      • Cuestionarios / enquisas de satisfacción.

    Actividades e recursos

    • Formación:
      • Na modalidade DAFIS, é obrigatorio que alomenos 1 profesor/a conte coa formación específica, convocada a través do CAFI cada ano, posterior á resolución final de admitidos. (G2302025)
      • Xornadas didácticas de Deseño, execución e avaliación de PVAD "Proxectos de vaida ativa e deportiva PVAD  en centros educativos escolares"(G1902004)

    Webs de referencia:

    Outras webs de interese:

    Obradoiros: non

    Saídas: non

    Concursos: non

    Materiais didácticos:

    Produto final:

    Os centros participantes contarán cun apartado específico da web do centro ou unha ligazón desde esta a un blog creado a tal fin, onde o alumnado e como parte do proceso do traballo por proxectos de innovación educativa, xestionará as publicacións desta web/blog e irá resumindo as actividades/experiencias realizadas dentro do proxecto, tanto do principal como da(s) modalidade(s) escollida(s).

    Criterios para a avaliación da memoria final:

    Criterios xerais do Plan Proxecta

    1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

    2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

    3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto

    Criterios específicos

    4. Grao de motivación e sensibilización do alumnado pola incorporación de hábitos de vida activa e consumo de actividade física e exercicio físico no seu día a día (realización de enquisas de satisfacción, enquisas de hábitos de vida activa etc.).

    5. Difusión (existencia dun apartado específico na web do centro ou ligazón a un blogue) e calidade do traballo realizado polo alumnado para fomentar, dende o centro, a adquisición de hábitos de vida activa e saudable (xeración de actividades, mapas de recursos existentes no ámbito de influencia do centro educativo para a practica de actividade física e exercicio físico etc.).

    6. Calidade e grao de desenvolvemento de actividades dentro do horario lectivo e non lectivo dos/as alumnos/as para a promoción de adquisición de hábitos de vida activa e saudable, incrementando a carga diaria de actividade física (en función da modalidade escollida).

     

    Menús Learning object node R