Título node Learning object
Ficha técnica
Institución:
- Conselllería de Cultura, Lingua e Xuventude.
- Dirección Xeral de Xuventude.
Ámbito: solidariedade / voluntariado
Definición: Voluntariado miúdo é un programa que pretende promover os valores da cultura solidaria e a adquisición de competencias fundamentais para o alumnado a través de proxectos de acción voluntaria cun impacto directo no seu ámbito de actuación e na dinámica educativa do centro, promovendo unha cultura colaborativa no eido da solidariedade e do voluntariado que implique a toda a comunidade educativa, e que estea adaptado nas diferentes actuacións ao ciclo educativo do alumnado de educación primaria.
Vinculación cos ODS da Axenda 2030:
- ODS 1. Fame cero
Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: infantil e primaria
Límite de centros participantes: 8
Criterios de selección:
1. Centros participantes na fase experimental
2. Idoneidade e calidade do proxecto
3. Grao de implicación do claustro
4. Grao de implicación da comunidade educativa
Persoas responsables:
Nomes: Pilar Martínez Sánchez
Departamento: Xefatura de Servizo de Voluntariado e Participación
Teléfono: 981 957 916
Correo electrónico: pilar.martinez.sanchez @xunta.gal
Xustificación
Os proxectos de acción voluntaria de cada centro educativo son instrumentos de gran potencial para poder abordar necesidades moi diversas latentes na sociedade sempre dende a premisa de constituír actuacións asumibles e adaptadas ao alumnado de educación primaria nos seus diferentes ciclos.
A valorización do rural, a protección do medio ambiente, dos animais ou a solidariedade con situacións vitais de colectivos vulnerábeis da nosa contorna supoñen escenarios onde dar resposta a diversas necesidades sociais adecuando a dinámica de traballo e actuacións ás características do alumnado.
Obxectivos
• Promover o desenvolvemento efectivo da educación en valores en torno a acción voluntaria e solidaria.
• Impulsar o desenvolvemento eficaz entre o alumnado das competencias clave.
• Promover no alumnado vivencias solidarias achegadas aos seus contextos máis próximo adecuadas ao seu ciclo educativo.
• Implicar os axentes da comunidade educativa (profesorado, alumnado, familias e institucións próximas) no desenvolvemento de valores e competencias solidarias dentro e fóra do centro.
Desenvolvemento das competencias clave:
• Competencias sociais e cívicas
Actividades
Accións de intercambio e entrega de produtos autóctonos e locais
Recompilación testemuñas de prácticas agrícolas sostibles
Recollida de alimentos e roupa e estudo do proceso circular de reutilización
Mercadillo solidario
Recompilación testemuñas sobre o cambio climático e os seus efectos na actualidade
Campaña de sensibilización de cero desperdicio alimentos e de consumo responsable
Fomentarase a participación dos centros nas actividades que desenvolva a Dirección xeral de Xuventude no marco da conmemoración do Día internacional do Voluntariado, que se celebra todos os anos o 5 de decembro.
Saídas
Celebración do encontro anual co alumnado participante no programa para compartir experiencias solidarias desenvolvidas nos colexios. Se non houbera a posibilidade de celebrar o encontro anual de xeito presencial, exploraríase a posibilidade de auspiciar un encontro de carácter virtual onde cada centro elaboraría unha presentación do proxecto en soporte dixital. Trátase dun encontro de día organizado pola Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Recursos
- Apoio ao profesorado: todos os centros participantes terán asistencia en liña e telefónica para o asesoramento no desempeño dos seus proxectos solidarios e para facilitar a consecución dos obxectivos e reforzar o rol facilitador do profesorado.
- Formación de ser preciso apoio formativo, habilitarase un curso de formación en materia de voluntariado educativo a través da Plataforma de teleformación de voluntariado galego da Xunta de Galicia.
Ligazóns de referencia
- Ligazóns de referencia:
- Web principal: http://www.voluntariadogalego.org
- Plataforma teleformación Voluntariado Galego: ligazón.
- Guía “Os Bolechas aprenden a ser persoas voluntarias”
Produto final
O proxecto que ten carácter aberto rematará cunha exposición ao final do curso mediante un encontro anual do alumnado para compartir as experiencias solidarias entre eles a través dun vídeo, exposición ou presentación a elección do centro docente. Na presentación debería aparecer un apartado elaborado especificamente polo alumnado participante. Todas as presentacións seguirán unha estrutura pautada con carácter previo.
Criterios de avaliación da memoria final
1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).
2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.
3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto
Criterios específicos
4. Integración de estruturas organizativas solidarias nas dinámicas dos centros.
5. Introducción de ferramentas transformadoras dos proxectos solidarios de cada centro educativo no seu contorno.