Título node Learning object

Educación en dereitos da infancia e cidadanía global
Mér, 31/08/2016 - 11:25

Ficha técnica

Proxecta

Institución:

  • Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
  • Dirección Xeral de Ordenación e Innovación educativa

  • UNICEF Comité Galicia

Ámbito: dereitos de infancia
Definición: o programa ten como obxectivo promover o coñecemento e defensa dos dereitos da infancia e do exercicio da cidadanía global e responsable no ámbito escolar.

Vinculación cos ODS da Axenda 2030:

Se ben os dereitos da infancia están presentes de xeito transversal en toda a Axenda 2030, algúns ODS máis representativos a traballar co programa son:

  • ODS 1. Fin da pobreza
  • ODS 2. Fame cero
  • ODS 3. Saúde e benestar
  • ODS 4. Educación de calidade
  • ODS 5. Igualdade de xénero
  • ODS 6. Auga limpa e saneamento
  • ODS 10. Redución das desigualdades
  • ODS 13. Acción polo clima
  • ODS 16. Paz, xustiza e institucións sólidas
  • ODS 17. Alianzas para acadar os obxectivos

Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: infantil, primaria, ESO e bacharelato
Límite de centros participantes: 15

Criterios de selección:

1. Calidade do proxecto
2. Experiencia en actividades de educación para o desenvolvemento

Persoas responsables:

Nomes: Marta Andrade Blanco
Departamento: Responsable de Sensibilización e Políticas de Infancia en UNICEF Comité Galicia.
Teléfono: 913 788 604
Correo electrónico: mandrade@unicef.es


Xustificación

A Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN), ratificada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989, é o tratado internacional de dereitos humanos que logrou un maior compromiso internacional da historia. Ademais, desde a perspectiva dun centro educativo, é o que lle afecta de maneira máis directa ao alumnado de todas as etapas educativas, dende cero á súa maioría de idade. E ao considerar estes dous factores, o enfoque educativo baseado nos dereitos de infancia convértese nunha potente ferramenta para contribuír a unha transformación real da educación, capaz de darlle resposta ás necesidades e aos compromisos que require o exercicio da cidadanía global na sociedade actual.

Por eso, o obxectivo fundamental deste programa é situar á infancia e os seus dereitos nun lugar destacado da vida escolar, guiándose polos principios de inclusión, equidade, solidariedade e calidade. Do mesmo xeito, debe contribuír a dotar ao ensino das dimensións de globalidade e interdependencia, características do mundo actual, e imprescindibles na formación das nenas, nenos e adolescentes como cidadás e cidadáns globais.

Educar en dereitos é algo máis que ensinar os dereitos: unha escola comprometida cos dereitos da infancia convérteos na base do seu proxecto educativo, impulsa que a comunidade educativa os viva no día a día e fai aos propios nenos e nenas partícipes do cambio.

Obxectivos

A Educación en Dereitos de Infancia ten o propósito de profundar na Convención, facendo efectivos os dereitos recollidos neste tratado de Dereitos Humanos.

Unicamente recoñecendo os dereitos se poden defender e difundir entre a sociedade, para impulsar cidadás e cidadáns activos e comprometidos. Neste sentido, o centro educativo ten un papel fundamental.

Polo tanto, o programa busca promover o coñecemento e a defensa dos dereitos da infancia e o exercicio da cidadanía global e responsable nos centros educativos de Galicia. Para isto, propón nunha primeira fase un proceso de diagnóstico inicial en grupo, favorecendo a reflexión sobre as políticas e prácticas do centro en relación cos dereitos da infancia. Unha vez realizada esta autoavaliación proponse aos centros a elaboración dun Plan de Acción en resposta aos resultado obtidos, co obxectivo de axudar a integrar os dereitos da infancia no centro educativo. Ademais, o programa fomenta a realización de actividades ao longo do curso sobre cuestións relacionadas cos dereitos da infancia, a participación infantil, a prevención da violencia, e os hábitos saudables, e a procura dun bo clima escolar.

Os obxectivos xerais do programa son os seguintes:

  • Promover a participación activa do alumnado para coñecer como integrar os dereitos da infancia na realidade do centro educativo. Isto farase a través dunha autoavaliación na que se tratan os seguintes aspectos: coñecemento sobre a Convención sobre os Dereitos do Neno, protección, clima escolar e participación.

  • Integrar os dereitos da infancia como principios éticos e normas universais de conduta, para transformar a realidade do centro educativo. Isto farase a través dunha autoavaliación na que se tratan os seguintes aspectos: coñecemento sobre a Convención sobre os Dereitos do Neno, protección, clima escolar e participación. Despois disto, proponse a elaboración dun plan de acción.

  • Promover a participación de toda a comunidade educativa, incluíndo as familias e o persoal non docente, no diagnóstico e compromiso coas propostas de mellora ao redor dos dereitos da infancia. Isto farase a través dunha autoavaliación na que se tratan os seguintes aspectos: coñecemento sobre a Convención sobre os Dereitos do Neno, protección, clima escolar e participación.

  • Promover conduta que favorezan á protección do alumnado, facendo fincapé na prevención e o respecto entre toda a comunidade educativa, desenvolvendo actitudes responsables que axuden a garantir este dereito para todos os nenos e nenas.

Obxectivos específicos:

PARA O ALUMNADO

  • Mellorar o coñecemento sobre dereitos da infancia e a súa integración na realidade do centro educativo.

  • Adquirir  competencias relacionadas coa solidariedade e a cidadanía global.

PARA O PROFESORADO

  • Incentivar o coñecemento da Convención sobre os Dereitos do Neno a través da integración dos dereitos da infancia como principios éticos e normas universais de conduta, a fin de transformar a realidade do centro educativo.

PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA

  • Involucrarse na realidade do centro educativo a través do coñecemento e promoción dos dereitos da infancia.

  • Implicar a toda a comunidade educativa no análises da realidade escolar en relación aos dereitos da infancia.

Palabras clave: Dereitos da infancia. Educación cívica e constitucional. Educación para a paz. Igualdade. Respecto. Solidariedade. Xustiza. Protección. Cidadanía democrática.

Metodoloxía e temporización

Proponse:

  • Realización de actividades relacionadas cos dereitos da infancia, os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a Cidadanía Global, dirixidos a traballar os hábitos saudables e a educación para a saúde ao longo de todo o curso, con especial relevancia en datas clave como: Día Universal da Infancia( 20 de novembro); Día escolar da paz e a non violencia (30 de xaneiro); Día Mundial da Auga (22 de marzo) ou Día do Medio Ambiente (5 de xuño).

  • Afondar ao longo do curso nos 4 ámbitos de traballo da Educación en Dereitos, isto é:

    • Promover o coñecemento dos dereitos da infancia, que promove que toda a comunidade educativa coñeza, difunda e defenda os dereitos. (Primeiro trimestre)

    • Desenvolver espazos que favorezan a participación infantil e adolescente, que busca que as voces dos nenos, nenas e adolescentes sexan tidas en conta no centro educativo. (Todo o curso)

    • Promover unha contorna protectora. Desta forma impúlsanse espazos onde cada alumna e alumno estea e se sinta seguro ante a violencia, o acoso e o maltrato, de xeito que poida aprender, convivir e desenvolverse nun ambiente protector. (Todo o curso)

    • Favorece un bo clima escolar, que impulsa a convivencia e a cohesión de toda a comunidade educativa (equipo directivo, persoal docente, familias, alumnas e alumnos e persoal de administración e servizos). Para iso, proponse a realización da autoavaliación e do diagnóstico para analizar o compromiso cos dereitos da infancia no centro educativo. Realizarase a través da web www.unicef.es/gal/educa. Tamén se afonda na elaboración do Plan de Acción como resultado das conclusións extraídas da autoavaliación. Dela resulta un documento diagnóstico final no que se recollen as principais conclusións sobre en que ten que incidir o centro para mellorar os resultados obtidos.(Segundo trimestre)

Desenvolvemento das competencias clave

  • Competencias sociais e cívicas
  • Competencia en sentido de iniciativa e espírito emprendedor
  • Competencia en conciencia e expresións culturais

Actividades e recursos

Entre as actividades do programa recóllense as seguintes:

  • Formación:

  1. MOOC gratuíto de formación en liña dispoñible para os docentes participantes na acción, promovido por UNICEF España e o INTEF. Esta formación é gratuíta e lévase a cabo cada curso entre os meses de abril e xuño. Título do curso: MOOC "Educación en derechos de la infancia y ciudadanía global"

  2. Cursos de especialización en educación en dereitos UNED/UNICEF. Cada ano realízanse dous cursos. Un deles, aborda a Axenda 2030 cun enfoque de dereitos de infancia. O outro trata sobre a figura do coordinador/a de benestar e protección nos centros educativos. Estes cursos ofértanse anualmente no mes de setembro.
     

  • Web de referencia:

http://unicef.es/gal/educa/

https://www.unicef.es/gal/educa/centros-referentes

Produto final

Como produto final, o alumnado deberá realizar un vídeo resumo das actividades realizadas ao longo do ano no marco da Educación en Dereitos.

  • Valorarase tamén se o centro accede á plataforma de recoñecementos a Centros Referentes en Educación en Dereitos e formalizan a súa candidatura.

Criterios de avaliación da memoria final

Criterios xerais do Plan Proxecta

1. Participación activa do alumnado na realización do proxecto, na toma de decisións e na realización do produto final. Cómpre visibilizar claramente o traballo do alumnado a través de evidencias gráficas (a través de webs, blogs...) ou documentais.

2. Implicación da comunidade educativa (profesorado, familias e institucións do contorno) e creación entre todos dunha rede de traballo cooperativo.

3. Interdisciplinariedade do proxecto (desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade.

Criterios específicos

4. Elaboración da autoavaliación e o plan de acción propostos pola iniciativa.

5. Participación do alumnado no proceso de traballo en dereitos de infancia .

6. Valorarase adicionalmente se o centro accede á plataforma de recoñecementos a Centros Referentes en Educación en Dereitos e formalizan a súa candidatura.

 

 

 

Menús Learning object node R