Título node Learning object
Ficha técnica
Institución:
- Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
- Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA)
Ámbito: prevención
Definición: sensibilización sobre a importancia da prevención de riscos asociados á contorna escolar e promoción de condutas seguras e saudables.
Ofrece 3 modalidades:
a) Prevención en seguridade
b) Prevención en riscos hixiénicos
c) Prevención de riscos ergonómicos e psicosociais
Vinculación cos ODS da Axenda 2030:
- ODS 3. Saúde e benestar
- ODS 4. Educación de calidade
Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: 3º, 4º, 5º e 6º de primaria
Límite de centros participantes: 10
Criterios de selección:
1. Idoneidade e calidade do proxecto
2. Fomento da cultura preventiva
3. Contextualización dos riscos e das actividades propostas na realidade cotiá do alumnado
Persoas responsables:
Nomes: Alberto Conde Bóveda, Rosa Eva Esperante Ínsua e Marta Aneiros Vieites
Departamento: Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA)
Teléfono: 881 999 333 e 988 386 391
Correo electrónico: aconde@xunta.gal – rosa.eva.esperante.insua@xunta.gal-marta.aneiros.vieites@xunta.gal
Obxectivo xeral
O obxectivo do programa é a prevención dos riscos na infancia e na adolescencia. O programa
inclúe dúas vertentes:
• a formación do alumnado na prevención de riscos para lograr a maior autonomía posible
dentro da súa idade e a sensibilización ante os riscos
• a toma de medidas de protección da súa contorna
Pártese da base de que os nenos e as nenas de hoxe son os traballadores e traballadoras do
futuro e que este momento é o máis doado para introducir a cultura preventiva a través da
aprendizaxe de condutas positivas que quedarán asentadas na personalidade .
A actuación do profesorado ten pois un dobre obxectivo para conseguir abrir un proceso de
reflexión e unha acción decidida a prol da cultura preventiva:
• protexer a contorna escolar co obxecto de garantir as medidas de seguridade no centro
• fomentar a cultura preventiva como valor educativo co alumnado para fomentar a
prevención de riscos.
Os obxectivos xerais propostos son os seguintes:
• Identificar e coñecer os elementos de risco habituais na escola e na casa.
• Distinguir as situacións de risco cotiás e entender a importancia de tomar precaucións
para evitalas.
• Adoptar procedementos seguros antes estas situacións e elementos de risco.
Palabras clave
Accidente. Enfermidade. Acoso escolar. Cultura preventiva. Ergonomía. Estrés. Hábitos de vida
saudables. Medidas preventivas. Prevención. Riscos. Saúde. Hixiene.
Modalidades de participación
Os centros poderán solicitar o número de modalidades que queiran. Os temas que se abordarán
en cada modalidade son os seguintes:
Modalidade A: Prevención en seguridade
• Caídas a diferente nivel: escaleiras, rampas, mobiliario, ventás abertas...
• Electricidade: protección de enchufes, altura á que están os enchufes, aparatos
eléctricos...
• Emprego de utensilios e materiais: tesoiras, punzóns, grampadoras...
• Lumes e altas temperaturas: cociña, forno...
• Portas: proteccións para non pillar os dedos, pestillos...
• Zonas de recreo: patios, áreas recreativas, centros comerciais, etc.: seguridade cos
columpios, vixilancia activa, eliminación de obxectos perigosos (cristal, pedra...).
Modalidade B: Prevención de riscos hixiénicos
• Uso seguro de produtos de hixiene e limpeza. Precaucións ante os líquidos tóxicos: útiles
limpeza, xardinería, material escolar coma colas, transvases líquidos...
• Adquisición de hábitos de hixiene: lavado de mans, emprego de luvas se é necesario, etc.
• Prevención fronte ao coronavirus. Medidas adoptadas no colexio e na casa. Uso de
máscara, distancias de seguridade interpersoal, lavado de mans, etc.
Modalidade C: Prevención de riscos ergonómicos e psicosociais
• Ergonomía: pesos na mochila, posturas na mesa de estudo...
• Estrés. Acoso escolar. Condutas preventivas
• Organización do traballo e das tarefas escolares
• Hábitos de vida saudables. Práctica de deportes
Obxectivos específicos
PARA O ALUMNADO
1) Identificar e coñecer situacións e elementos de risco na vida cotiá:
• Xestionar a prevención dos riscos habituais na súa contorna: no fogar, na escola e na rúa.
• Coñecer as obrigas e recomendacións derivadas das situacións derivadas dunha
pandemia
• Identificar os riscos eléctricos no fogar e na escola.
• Coñecer os perigos de manipulación do lume e altas temperaturas.
• Recoñecer os riscos asociados a actividades de tempo de lecer (xogos no parque, áreas
recreativas e centros comerciais, seguridade viaria...).
• Identificar os produtos químicos habituais na súa casa, recoñecer a os seus pictogramas
etiquetaxe e coñecer os riscos que producen.
• Identificar os riscos elementais de ergonomía na aula e con PVD.
• Coñecer os riscos asociados á sobrecarga psicolóxica e ao estrés propio da vida actual e
desenvolver estratexias..
• Recoñecer situacións de acoso escolar e ciberacoso e desenvolver estratexias para
xestionar estes problemas.
• Coñecer o concepto de accidente laboral e a prevención de riscos no traballo.
• Recoñecer a sinalización de seguridade en distintos contextos: sinais de perigo,
prohibición, sinais de alarma, etc.
2) Desenvolver habilidades de prevención do risco e adoptar procedementos seguros:
• Implicarse na recollida e orde dos obxectos da aula e xoguetes despois de usalos.
• Manipular obxectos, ferramentas e materiais didácticos con seguridade (obxectos
cortantes, tesoiras, punzóns, chinchetas, pinturas, colas...).
• Evitar situacións de risco eléctrico e altas temperaturas. Manexar en condicións de
seguridade enchufes, aparellos eléctricos, etc.
• Usar protectores e calzado adecuado para aquelas actividades deportivas que o precisen
(casco coa bicicleta, protección para os xeonllos cos patíns, etc.).
• Adoptar medidas hixiénicas básicas: limpar as mans antes de comer, non tusir cara aos
compañeiros, etc. Recoñecer aquelas derivadas dunha situación de pandemia
• Manter volumes de son adecuados nas aulas (ton de voz, berros, música, etc.).
• Coñecer e aplicar normas básicas de seguridade viaria na realización de percorridos
habituais.
• Utilizar sistemas axeitados de levantamento e transporte de pequenas cargas.
• Manexar os equipos informáticos adecuadamente (posición correcta, iluminación,
horarios, etc.).
• Desenvolver respostas axeitadas ante situacións de perigo, atragantamentos de
compañeiros, mordeduras de animais, intoxicacións, etc.
3) Adquirir valores preventivos:
• Valorar a importancia de adoptar medidas de prevención do risco na vida cotiá.
• Valorar a importancia de fomentar a orde e limpeza na escola e no fogar.
• Valorar a importancia de desenvolver a súa actividade coa maior autonomía e seguridade
posibles.
PARA O PROFESORADO
• Adquirir a conciencia do risco, nos centros educativos, no fogar do alumnado e nos
espazos onde se desenvolven actividades deportivas e culturais.
• Fomentar a cultura preventiva entre o alumnado para favorecer a identificación dos
riscos e a adopción de prácticas seguras ao longo da vida.
• Favorecer a análise da área da prevención nesta realidade complexa en dous planos que
se complementan: o persoal (como individuo) e o colectivo (social) e as responsabilidade
que supoñen.
• Sensibilizar o alumnado sobre os accidentes no ámbito doméstico, escolar, actividades de
ocio e laboral.
• Fomentar os principios de orde e limpeza entre o alumnado, o coidado no manexo das
ferramentas de traballo e do material manipulable.
• Dar a coñecer os equipamentos de protección adecuados na práctica deportiva ademais
de garantir a hidratación.
• Sensibilizar sobre a mellora das condicións hixiénicas das aulas e corredores.
• Impartir formación básica sobre os pictogramas de perigo e advertencia dos produtos
químicos.
• Dar a coñecer os principios básicos de seguridade viaria nos desprazamentos habituais
do alumnado.
• Fomentar a participación do alumnado en actividades orientadas ao recoñecemento dos
sinais de seguridade: perigo, prohibición, salvamento, etc.
• Formar o alumnado en principios ergonómicos: manexo de pequenas cargas,
levantamento de pesos, emprego de mochilas, posturas na mesa de estudo e cos
equipamentos informáticos, saltos, etc.
PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA
• Colaborar co alumnado na identificación de riscos no fogar, na rúa e nos espazos no que
desenvolven actividades de tempo libre.
• Coñecer as situacións e os elementos de risco no fogar (bolsas de plástico, pezas
pequenas, produtos químicos, medicamentos).
• Promover condutas preventivas (orde e limpeza, manipulación dos xoguetes,
manipulación de obxectos domésticos, ergonomía, iluminación, hidratación, exposición
solar).
• Fomento de prácticas seguras nas tarefas domésticas relacionadas coa calor e co lume:
riscos de altas temperaturas na cociña, pautas ante os incendios domésticos, extintores
no edificio, etc.
Desenvolvemento de competencias clave
- Competencia en comunicación lingüística
- Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
- Competencia dixital
- Competencia en aprender a aprender
- Competencia en sentido de iniciativa e espírito emprendedor
- Competencia en conciencia e expresións culturais
Palabras clave
Accidentes domésticos. Acoso escolar. Cultura preventiva. Ergonomía. Estrés. Hábitos de vida saudables. Medidas preventivas. Prevención de riscos. PVD (=pantallas de visualización de datos). Riscos (risco eléctrico, risco químico). Saúde
Modalidades de participación
Os centros poderán solicitar o número de modalidades que queiran. Os temas que se abordarán en cada modalidade son os seguintes:
Modalidade A: Prevención en seguridade
-
Caídas a diferente nivel: escaleiras, rampas, mobiliario, ventás abertas...
-
Electricidade: protección de enchufes, altura á que están os enchufes, aparatos eléctricos...
-
Emprego de utensilios e materiais: tesoiras, punzóns, grampadoras...
-
Lumes e altas temperaturas: cociña, forno...
-
Portas: proteccións para non pillar os dedos, pestillos...
-
Zonas de recreo: patios, áreas recreativas, centros comerciais, etc.: seguridade cos columpios, vixilancia activa, eliminación de obxectos perigosos (cristal, pedra...).
Modalidade B: Prevención de riscos hixiénicos
-
Uso seguro de produtos de hixiene e limpeza. Precaucións ante os líquidos tóxicos: útiles limpeza, xardinería, material escolar coma colas, transvases líquidos...
-
Adquisición de hábitos de hixiene: lavado de mans, emprego de luvas se é necesario, etc.
-
Prevención fronte ao coronavirus. Medidas adoptadas no colexio e na casa. Uso de máscara, distancias de seguridade interpersoal, lavado de mans, etc.
Modalidade C: Prevención de riscos ergonómicos e psicosociais
-
Ergonomía: pesos na mochila, posturas na mesa de estudo...
-
Estrés. Acoso escolar. Condutas preventivas
-
Organización do traballo e das tarefas escolares
-
Hábitos de vida saudables. Práctica de deportes
Obxectivo xeral
O obxectivo do programa é a prevención dos riscos na infancia e na adolescencia. O programa inclúe dúas vertentes:
-
a formación do alumnado na prevención de riscos para lograr a maior autonomía posible dentro da súa idade e a sensibilización ante os riscos
-
a toma de medidas de protección da súa contorna.
Pártese da base de que os nenos e as nenas de hoxe son os traballadores e traballadoras do futuro e que este momento é o máis doado para introducir a cultura preventiva a través da aprendizaxe de condutas positivas que quedarán asentadas na personalidade .
A actuación do profesorado ten pois un dobre obxectivo para conseguir abrir un proceso de reflexión e unha acción decidida a prol da cultura preventiva:
-
protexer a contorna escolar co obxecto de garantir as medidas de seguridade no centro
-
fomentar a cultura preventiva como valor educativo co alumnado para fomentar a prevención de riscos.
-
Os obxectivos xerais propostos son os seguintes:
-
Identificar e coñecer os elementos de risco habituais na escola e na casa.
-
Distinguir as situacións de risco cotiás e entender a importancia de tomar precaucións para evitalas.
-
Adoptar procedementos seguros antes estas situacións e elementos de risco.
Obxectivos específicos
PARA O ALUMNADO
1) Identificar e coñecer situacións e elementos de risco na vida cotiá:
-
Xestionar a prevención dos riscos habituais na súa contorna: no fogar, na escola e na rúa.
-
Coñecer as obrigas e recomendacións derivadas das situacións derivadas dunha pandemia
-
Identificar os riscos eléctricos no fogar e na escola.
-
Coñecer os perigos de manipulación do lume e altas temperaturas.
-
Recoñecer os riscos asociados a actividades de tempo de lecer (xogos no parque, áreas recreativas e centros comerciais, seguridade viaria...).
-
Identificar os produtos químicos habituais na súa casa, recoñecer a os seus pictogramas etiquetaxe e coñecer os riscos que producen.
-
Identificar os riscos elementais de ergonomía na aula e con PVD.
-
Coñecer os riscos asociados á sobrecarga psicolóxica e ao estrés propio da vida actual e desenvolver estratexias..
-
Recoñecer situacións de acoso escolar e ciberacoso e desenvolver estratexias para xestionar estes problemas.
-
Coñecer o concepto de accidente laboral e a prevención de riscos no traballo.
-
Recoñecer a sinalización de seguridade en distintos contextos: sinais de perigo, prohibición, sinais de alarma, etc.
2) Desenvolver habilidades de prevención do risco e adoptar procedementos seguros:
-
Implicarse na recollida e orde dos obxectos da aula e xoguetes despois de usalos.
-
Manipular obxectos, ferramentas e materiais didácticos con seguridade (obxectos cortantes, tesoiras, punzóns, chinchetas, pinturas, colas...).
-
Evitar situacións de risco eléctrico e altas temperaturas. Manexar en condicións de seguridade enchufes, aparellos eléctricos, etc.
-
Usar protectores e calzado adecuado para aquelas actividades deportivas que o precisen (casco coa bicicleta, protección para os xeonllos cos patíns, etc.).
-
Adoptar medidas hixiénicas básicas: limpar as mans antes de comer, non tusir cara aos compañeiros, etc. Recoñecer aquelas derivadas dunha situación de pandemia
-
Manter volumes de son adecuados nas aulas (ton de voz, berros, música, etc.).
-
Coñecer e aplicar normas básicas de seguridade viaria na realización de percorridos habituais.
-
Utilizar sistemas axeitados de levantamento e transporte de pequenas cargas.
-
Manexar os equipos informáticos adecuadamente (posición correcta, iluminación, horarios, etc.).
-
Desenvolver respostas axeitadas ante situacións de perigo, atragantamentos de compañeiros, mordeduras de animais, intoxicacións, etc.
3) Adquirir valores preventivos:
-
Valorar a importancia de adoptar medidas de prevención do risco na vida cotiá.
-
Valorar a importancia de fomentar a orde e limpeza na escola e no fogar.
-
Valorar a importancia de desenvolver a súa actividade coa maior autonomía e seguridade posibles.
PARA O PROFESORADO
-
Adquirir a conciencia do risco, nos centros educativos, no fogar do alumnado e nos espazos onde se desenvolven actividades deportivas e culturais.
-
Fomentar a cultura preventiva entre o alumnado para favorecer a identificación dos riscos e a adopción de prácticas seguras ao longo da vida.
-
Favorecer a análise da área da prevención nesta realidade complexa en dous planos que se complementan: o persoal (como individuo) e o colectivo (social) e as responsabilidade que supoñen.
-
Sensibilizar o alumnado sobre os accidentes no ámbito doméstico, escolar, actividades de ocio e laboral.
-
Fomentar os principios de orde e limpeza entre o alumnado, o coidado no manexo das ferramentas de traballo e do material manipulable.
-
Dar a coñecer os equipamentos de protección adecuados na práctica deportiva ademais de garantir a hidratación.
-
Sensibilizar sobre a mellora das condicións hixiénicas das aulas e corredores.
-
Impartir formación básica sobre os pictogramas de perigo e advertencia dos produtos químicos.
-
Dar a coñecer os principios básicos de seguridade viaria nos desprazamentos habituais do alumnado.
-
Fomentar a participación do alumnado en actividades orientadas ao recoñecemento dos sinais de seguridade: perigo, prohibición, salvamento, etc.
-
Formar o alumnado en principios ergonómicos: manexo de pequenas cargas, levantamento de pesos, emprego de mochilas, posturas na mesa de estudo e cos equipamentos informáticos, saltos, etc.
PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA
-
Colaborar co alumnado na identificación de riscos no fogar, na rúa e nos espazos no que desenvolven actividades de tempo libre.
-
Coñecer as situacións e os elementos de risco no fogar (bolsas de plástico, pezas pequenas, produtos químicos, medicamentos).
-
Promover condutas preventivas (orde e limpeza, manipulación dos xoguetes, manipulación de obxectos domésticos, ergonomía, iluminación, hidratación, exposición solar).
-
Fomento de prácticas seguras nas tarefas domésticas relacionadas coa calor e co lume: riscos de altas temperaturas na cociña, pautas ante os incendios domésticos, extintores no edificio, etc.
-
Tomar precaucións e adoptar recomendacións sobre a protección dos produtos de limpeza, xardinería e bricolaxe.
-
Identificación de riscos eléctricos. Riscos no manexo de electrodomésticos, pequenas reparacións domésticas e explicar as medidas preventivas que se deben adoptar.
-
Aproveitar os paseos e saídas para visibilizar na rúa as materias desenvoltas na aula: sinais de seguridade en espazos públicos, sinais de tráfico, cintos de seguridade no transporte, equipamentos de prevención de riscos nos traballadores da rúa, etc.
-
Fomentar a realización de actividades deportivas e lúdicas encamiñadas á consecución de hábitos de vida saudables.
Metodoloxía recomendada
Proponse...
-
Análise da situación: identificar os riscos existentes nunha contorna definida (fogar, escola, instalacións deportivas, etc.) que poden provocar lesións infantís e as súas consecuencias.
-
Descrición de causas: recoller información con datos numéricos e cualitativos, coñecer a súa frecuencia e avaliar as circunstancias que poden provocar as lesións e aumentar a súa gravidade.
-
Proposta de melloras: desenvolver accións que preveñan as lesións infantís identificadas anteriormente de acordo coas causas descritas. Promover as prácticas idóneas.
Temporización
A temporización abarca todo o curso escolar. Establécense tres bloques de traballo diferenciados, e terase en conta que a situación sanitaria permita desenvolvelos.
-
Primeiro trimestre
-
Para os docentes:
-
Planificación e cronograma das activdades que realizarán no curso
-
Organización conxunta do equipo participante e presentación do programa ao alumnado
-
-
Para o alumnado:
-
Coñecemento do programa
-
Primeiros achegamentos á materia: identificación de contexto e conceptos
-
-
Tarefa final do trimestre: elaboración de cronograma e presentación do programa
-
Segundo trimestre
-
Para os docentes:
-
Identificar fontes de información e recursos formativos existentes vinculados ao ámbito (organismos con competencia na materia, web, publicacións...).
-
Ogganización conxunta do equipo docente por materias.
-
Explicación da metodoloxía, organización das tarefas, supervisión do traballo realizado polo alumnado, etc.
-
-
Para o alumnado:
-
Traballo de diagnose e descrición das consecuencias de nos adoptar medidas adecuadas
-
Sensibilización e análise de elementos e situacións de riscos (proposta de actividades):
-
Recollida de novas en medios de prensa durante un período de dúas semanas de accidentes laborais
-
Recompilación de experiencias próximas de accidentes domésticos
-
-
-
Propoñer que o alumando reflexione sobre os equipamentos de traballo ou tarefas domésticas que coñece e os relacione cos traballos ou actividades habituais dos proxenitores (cascos, guantes, valas de protección, máscaras, campás extractoras, chaleco reflectores, chalecos salvavidas etc.)
-
Toma de contacto con equipos de protección individual (EPI) (xornada con familias), caixas de primeiros auxilios, materiais de protección de laboratorios, extintores, equipos de protección deportivos, etc.
-
Estudar principios ergonómicos: física e pesos, hixiene postural, principios das poleas, etc.
-
-
Tarefa final do trimestre: actividades desenvoltas de toma de contacto, recoñecemento dos riscos na contorna, recompilación de información, etc.
-
Terceiro trimestre
-
Para os docentes:
-
Facilitar a participación do alumnado nas actividades e recursos existente (ver epígrafe de bibliografía)
-
Dirixir o traballo final do alumnado proposto. Entrega de produto final na primeira quincena de maio
-
Presentación do traballo final: 2ª quincena maio/1ª quincena xuño
-
-
Para o alumnado:
-
Actitude preventiva e mellora dos procedementos
-
Desenvolver actividades orientadas a establecer procedementos de actuación seguros (ver epígrafe de bibliografía)
-
Visita ao centros do Issga da Coruña ou de Rande, da Escola Galega de Prevención (participación voluntaria), se a situación sanitaria e as obrigas derivadas nos ámbitos académicos e laborais o permiten.
-
Realizar o traballo final de curso
-
Presentar o traballo final de curso nunha xornada conxunta no centro do Issga da Coruña ou de Rande (participación voluntaria)
-
-
Tarefa final do trimestre: presentación do traballo final do curso
Actividades e recursos
Entre as actividades do programa recóllense as seguintes:
-
Apoio ao profesorado: telefónico para favorecer a sensibilización e información inicial ao profesorado cando se precise, para inicio de traballo na aula.
-
Xornada final de presentación de traballos finais : o Issga acollerá a xornada de presentación dos proxectos dos centros para favorecer a identificación e transferibilidade das boas prácticas no centro do Issga da Coruña. A xornada final terá lugar entre maio e xuño e desenvolverase en xornada de mañá; nesta presentación o alumnado terá unha participación activa, se a situación sanitaria e as obrigas derivadas nos ámbitos académicos e laborais o permiten.
-
Visita á Escola Galega de Prevención do Issga: a Escola ofrece as súas instalacións para realizar visitas escolares. Idade recomenda: 8-12 anos. Grupo máximo: 30 alumnos/día (divididos en 2 grupos). Duración: 1.30-2.00 h. A actividade principal da escola desenvólvese nun espazo dividido en tres zonas diferenciadas por cores: equipamento (verde), audiovisual (amarelo) e documentación e actividades (vermello). En todas elas a información se estrutura en catro grandes bloques temáticos: na casa, na rúa, na escola e no fogar. Na zona de equipamento equípanse con cascos e chalecos e fanse unha foto que posteriormente poderá baixarse da páxina web da Escola. Hai catro grandes paneis informativos con mensaxes claras e directas. Na zona audiovisual proxéctase un vídeo relacionado coa prevención de riscos e interactúase con eles sobre o seu contido. Por último, na zona de documentación e actividades, poden consultar publicacións, pasatempos e cómics relacionados coa prevención, acceder nos equipos informáticos a diversos recursos web, aprender a través de diferentes escenarios a distinguir accións correctas e incorrectas, probar diferentes equipos de protección individual na zona de espellos como por exemplo cascos, gafas, luvas, arneses de seguridade, etc., así como diversos xogos de imáns e cubos relacionados con diferentes profesións e varios paneis e lonas con recomendacións que lles permitan integrar a prevención no día a día. Estas visitas poderán realizarse se a situación sanitaria e as obrigas derivadas nos ámbitos académicos e laborais o permiten.
-
Material didáctico: o programa ofrece a posibilidade de desenvolver tarefas de aula (véx. Bibliografía).
-
Actividades proposta nas publicacións Erga Primaria do INSST. Actividades de prevención de risco químico. Etiquetaxe e pictogramas.
Tarefas relacionadas cos pictogramas de sinalización de perigo.
Actividades de seguridade viaria. Accións de promoción da saúde. -
Participación de xornada conxunta coas familias
-
Documentación descargable na web da Escola: Carteis. Trípticos informativos. Guía de seguridade viaria. Cómics, pasatempos, minicontos, xogos.
Webs de referencia:
-
Web principal do ISSGA: http://issga.xunta.es
-
Outras webs de interese:
- Web de NAPO, con recursos para docentes (ofrece actividades, vídeos e xogos para alumnado de 7-9 e 9-11).
- Web da Axencia Europea de Sustancias e Mesturas Químicas (ECHA):
- https://echa.europa.eu/chemicals-in-our-life/clp-pictograms
- cuestionario interactivo sobre pictogramas relacionados co risco químico: https://echa.europa.eu/es/clp-quiz
- Instituto Nacional de Estadística: causas de mortalidade (por provincia de residencia, causa, idade, ano, sexo...):http://www.ine.es
- http://www.ine.es/jaxi/Tabla.htm?path=/t15/p417/a2014/l0/&file=02013.px&L=0
- Web de Prevención de Risco Escolar: ofrece materiais para docentes e pedagóxicos (contos, folletos, DVD, etc.).Web da Fundación Mapfre: ofrece recursos e xogos de seguridade viaria (6-16 anos)
- Web de Formación do Profesorado de Canarias sobre prevención de riscos laborais.
- Web de Mnisterio de Sanidad (coronavirus). https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov/ciudadania.htm
-
Bibliografía de referencia:
- Revista ALERTA (Issga, anos 2009-2010).
- Revista: ERGA PRIMARIA - transversal. Publicación dixital de carácter semestral con recursos para docentes de ensino primario. Está editada polo Instituto Nacional de Seguridad e Higiene en el Trabajo. Ten carácter pedagóxico e informativo sobre a educación en valores e as condicións de saúde e seguridade no contorno escolar.
- 46-2016- Ergonomía. Hixiene postural
- 44-2015- Almacenamento nos centros escolares
- 43-2015 – Estrés e organización de tempo en centros escolares
- 35-2012 – Os extintores
- 33-2011 – Prevención e medio ambiente nos centros educativos
- Guía para la prevención de accidentes en centros escolares (Comunidade de Madrid), PDF descargable, 35 páx.
- Consejos de salud infantil entre 6 y 14 años de edad (Comunidade Castilla La Mancha). PDF descarcable, 24 páx.
- Ferramentas de xestión do estrés nos centros escolares (FETE-UGT e Fundación para a prevención de riscos laborais). PDF descargable, 194 páx.
Produto final
O programa ofrece distintas propostas de produtos finais aos centros:
-
Dramatización: posta en escena de situacións de risco e medidas preventivas que se deben adoptar. Exemplo: Moitollo no fogar, Moitavista camiño da escola...
-
Protocolos da actuación coas ferramentas de estudo e prevención (PVD, ergonomía etc.).
-
Decálogos de boas prácticas ante determinados riscos (eléctrico, químico, incendios, ergonómicos, hábitos de vida saudables etc.).
-
Identificación dos riscos nun espazo concreto: exemplo, na aula, na casa e adopción de medidas preventivas.
-
Escolma de prensa sobre prevención de riscos e sinistralidade e reflexión do alumnado. Realización dun periódico imaxinario “en positivo”; accidentes que non ocorreron polas medidas adoptadas.
-
Creación dun cómic con temática prevención.
-
Produción dunha publicación (realista ou de ficción) con situacións habituais dos escolares e actitudes positivas ante situacións de risco.
-
Elaboración dun xogo de mesa con temática de prevención (exemplos: dominó, emparellamentos relacionando accidente-medida preventiva ou elemento de risco-medida preventiva, preguntas e respostas etc.).
-
Creación dun circuíto simulando unha evacuación por incendio, no que se adopten pautas básicas de seguridade: chamar ao 112, empregar saídas de emerxencia sinalizadas, rodar polo chan se fose necesario etc.
-
Taller de disfraces de oficios enfatizando o uso de EPI en cada oficio.
-
Mural, collage, exposición... con sinxelas recomendacións de seguridade para o uso das instalacións do centro.
-
Representación musical ou teatral con percusión corporal, rimas ou cancións para musicar as aprendizaxes adquiridas polo alumnado.
Criterios a a avaliación das memorias finais
Criterios xerais do Plan Proxecta
-
Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).
-
Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.
-
Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecta
Criterios específicos
-
Correspondencia entre os obxectivos didácticos previstos relacionados coa prevención de riscos e as actividades desenvolvidas.
-
Programación de actividades con carácter de continuidade ao longo do curso escolar: enfoques variados e secuencias (introdutorias, reflexivas, de desenvolvemento, etc.), tarefas variadas, etc.
-
Relación entre as actividades propostas e a realidade cotiá do alumnado: relación cos intereses e coñecementos previos do alumnado, participación das familias, recoñecemento de situacións de risco na escola/contorna/casa etc.