Título node Learning object
Ficha técnica
Institución:
- Consellería de Política Social
- Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade. Subdirección Xeral de Promoción da Autonomía Persoal e Prevención da Dependencia
- Asociación TADEGa
Ámbito: convivencia / igualdade
Definición: identificación, posta en valor e activación de estratexias que favorecen a inclusión das persoas con capacidades diferentes nas aulas.
Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: 5º e 6º de educación primaria, 1º e 2º da ESO
Límite de centros participantes: 5
Criterios de selección:
- Priorizarase a participación de centros públicos.
- Idoneidade e calidade do proxecto.
- Porcentaxe do profesorado implicado no programa.
- Participación do Departamento de Orientación e da Dirección do centro.
- Experiencia previa na elaboración de produtos audiovisuais.
Persoas responsables:
Nomes: Feliciano José Couto Escanciano
Departamento: TADEGA
Teléfono: 607 335 460
Correo electrónico: felo@edu.xunta.es
Xustificación
A inclusión no ámbito educativo é unha tarefa que está aparentemente resolta, con todo cómpre trasladarlle ao contorno educativo a necesidade de avanzar nela para desenvolver as mellores estratexias para levala á práctica.
A educación inclusiva manifesta avances significativos, malia que aínda non pasamos do formal ao real. Cómpre seguir a traballar para que a escola inclusiva sexa unha realidade. Ser inclusivo/a pasa necesariamente por adoptar na vida unha idea das capacidades diferentes e diversas das persoas diferente á que tiñamos ata hoxe, unha actitude de convivencia aberta e de crenza na dignidade, capacidade e posibilidades sen facer distingos nin apartes e comezando polos centros de ensino.
Este programa deseña esta aprendizaxe para levala aos centros, abre espazos nos que ver e palpar dignamente a inclusión, permite que os resultados acadados non queden ocultos senón expostos nun produto final elaborado polo centro no que os seus protagonistas expresan as súas reflexións, e a obra producida compártese co resto da comunidade educativa.
Obxectivo xeral
O obxectivo do programa Aulas I+I (aulas inclusivas e igualitarias) é sensibilizar a comunidade educativa da necesidade de afondar nas estratexias que favorezan a inclusión das persoas con diversidade funcional nas aulas xa que ainda que a inclusión é unha realidade integrada nas aulas, resulta necesario desenvolver estratexias para levala á práctica dun xeito efectivo e identificar cales delas son as mellores para favorecela.
Os obxectivos xerais do programa son os seguintes:
- Reflexionar sobre as posibilidades e os atrancos do alumnado con capacidades diferentes na escola.
- Potenciar que o alumnado sexa parte activa na toma de decisións.
- Producir un cambio metodolóxico nas aulas, que dea cabida a todo o alumnado.
- Formar o profesorado nos procesos de igualdade e dereitos das persoas con capacidades diferentes.
- Coñecer experiencias escolares inclusivas de éxito na escola.
Palabras clave
Calidade. Convivencia. Discapacidade. Diversidade funcional. Empoderamento. Equidades. Igualdade. Inclusión. Respecto. Solidariedade. Tecnoloxía dixital. Xustiza.
Obxectivos específicos
PARA O ALUMNADO
- Identificar condutas sociais excluíntes.
- Desenvolver técnicas de traballo cooperativo que favorezan a empatía co alumnado máis desfavorecido (simulación de casos, xogos de rol...).
- Valorar o traballo cooperativo como unha estratexia de solidariedade necesaria para a vida en comunidade.
- Deseñar ou elaborar recursos creativos, dixitais... que favorezan a inclusión.
- Lograr un coñecemento práctico sobre as diferenzas mais salientables que se atopan na aula/escola.
PARA O PROFESORADO
- Definir o que se entende por exclusión, segregación, integración e inclusión.
- Definir o que se entende por diversidade funcional.
- Abordar o tratamento conceptual sen incorrer en usos discriminatorios da linguaxe.
- Rebaixar os niveis de autocompracencia cos obxectivos conseguidos na inclusión.
- Poñer en práctica estratexias ou metodoloxías que favorezan a integración de todo o alumnado nas dinámicas de aula.
- Realizar actividades que favorezan o contacto coa diversidade funcional para poñer en práctica as aprendizaxes adquiridas.
- Coñecer experiencias escolares inclusivas de éxito na escola.
- Identificar as potencialidades do alumnado.
- Formarse nos procesos de igualdade e dereitos das persoas con capacidades diferentes.
- Mellorar as estratexias para que os grupos humanos funcionen por solidariedade e por empatía.
- Avaliar a idoneidade dos espazos e dos recursos físicos e humanos do centro que favorecen a inclusión (portas, pupitres, ascensores, aseos, accesos, equipos informáticos, dotación tecnolóxica, profesorado especialista...).
- Implicar o centro e as familias nas accións desenvolvidas para que a integración sexa un obxectivo compartido.
- Establecer canles de participación para o alumnado e o resto da comunidade educativa onde poder debater e delatar as cuestións de interese.
- Favorecer o contacto e o traballo en rede entre centros participantes no programa ou centros de referencia no ámbito da inclusión (ex. TADEGA, ASPANAES, ASPRONAGA, CPI José García García, Cruz Vermella, etc.).
PARA AS FAMILIAS
- Lograr que as familias acollan a diversidade das aulas como un valor engadido e inherente á diversidade dos grupos humanos.
- Lograr a participación activa das familias nalgunhas actividades desenvolvidas ao abeiro da participación no programa.
- Colaborar coas familias na busca das potencialidades do alumnado, para que toda a comunidade educativa traballe polos mesmos obxectivos, deben coñecer e recoñecer para mellorar.
Metodoloxía recomendada
Abordarase unha proposta metodolóxica de aprendizaxe por proxectos baseada en dinámicas activas, cooperativas e contextualizadas, centradas na experiencia práctica do alumnado sobre o seu contorno inmediato. O centro deseñará actividades para levalas a cabo no propio centro dentro dun proxecto interdisciplinario que inclúa elementos do currículo de diversas materias, áreas, ámbitos ou módulos e que se integre nas programacións específicas do profesorado participante e na programación xeral anual.
O centro contará co apoio do equipo de Tadega e cooperativamente cos responsables dos outros centros a través da aula virtual e resolver dubidas, atender propostas de actividades suxeridas, etc.
Temporización
A temporización abarca todo o curso escolar.
Desenvolverase en tres fases:
- Xornada de autoavaliación inicial. Avaliaranse os preconceptos e as experiencias previas do profesorado.
- Desenvolvemento de actividades do centro e no centro.
- Posta en común dos traballos. Xornada de posta en común.
O traballo distribuirase do seguinte xeito ao longo do curso:
- 1º trimestre:
- xornada de autoavaliación inicial (unha única sesión presencial)
- seguimento a través da Aula Virtual
- asistencia dos técnicos do programa no centro
- deseño de actividades no centro
- 2º trimestre:
- proxección do filme "Vida" e do making off "Máis ca Vida"
- actividades na Aula Virtual
- desenvolvemento de actividades no centro
- apoio no centro do equipo do filme
- deseño do produto final
- 3º trimestre:
- elaboración do produto final
- desenvolvemento de actividades no centro
- xornada final de posta en común (lugar por determinar)
Actividades e recursos
Entre as actividades do programa recóllense as seguintes:
- Formación do profesorado:
- Xornada de autoavaliación inicial
Obrigatoriedade: a esta actividade deben asistir cando menos 3 docentes do centro (preferiblemente con docencia directa na/s aula/s que participan no proxecto). O axeitado sería que asistise o seu titor ou titora.
Modalidade: presencial
Núm. horas: 3 h
Data: día sen determinar (1º trimestre)
Lugar: sen determinar
Prazas: sen determinar
Observacións prazas: prioridade para docentes do programa 'e '. Está aberto a todos os docentes que o queiran solicitar.
Web de acceso ao curso: - Curso de formación
Referencia: sen determinar
Centro de formación e recursos: CAFI
Modalidade: rede
Núm. horas: 50
Temporalización:
Data límite de inscrición: sen determinar
Lugar: sen determinar
Prazas: sen determinar
Observacións prazas: pechada para para docentes do programa.
Web de acceso ao curso: Aula Virtual do CAFI
- Xornada de autoavaliación inicial
- Apoio ao profesorado: telefónico ou presencial do equipo de TADEGa para favorecer a sensibilización e información inicial ao profesorado cando se precise, para inicio de traballo na aula. Asistencia no centro do equipo audiovisual.
- Actividades complementarias (no centro):
- Proxección de "Vida" e "Máis ca Vida"
- Colaboración cos creadores de "Vida" para desenvolver actividades de aula
- Actividade extraescolar (saídas): ofrecerase que o alumnado participe na Xornada de Posta en Común Final; inclúe sesións de traballo, de convivencia e sesión lúdico-festiva.
- Material didáctico: o programa ofrece os seguintes materiais:
- Curtametraxe "Vida" (17 min)
- Dossier "Vida"
- Documental "Máis ca vida" (50 min)
- Guión dos produtos audiovisuais
- Orientacións de traballo: seleccionar temáticas para traballar (diversidade funcional, inclusión, autoconcepto, familia, relacións persoais, formación, integración laboral, relacións de parella, lecer, sexualidade, mobilidade, prexuízos...).
- Webs de referencia:
- Blog para visibilizar os traballos do alumnado:
- Web principal
- Conta de Facebook: https://www.facebook.com/aulasinclusivas
- Conta de Twitter: https://twitter.com/aulasi_i
- Outras webs de interese:
- TADEGA: http://tadega.net/
- Axencia Europea para as necesidades educativas especiais e a inclusión educativa: https://www.european-agency.org/
- Os Contos de Xandre: http://contosdexandre.net/
- Divertic. Asociación Nacional de Tecnología Educativa para la Diversidad: http://www.divertic.org/
- Bibliografía de referencia:
- Educación inclusiva MEC: http://www.mecd.gob.es/revista-cee/revista/indice-revista18.html
- Tecnoneet. Tecnologías de apoyo en contextos de diversidad educativa, social y personal: http://diversidad.murciaeduca.es/tecnoneet/publica.php
- Listaxe de recursos e de centros de referencia:
- Materiais educativos e pedagóxicos de referencia (como transmitir as capacidades diferentes ao alumnado, coñecementos básicos e técnicos sobre as distintas diversidades)
- Campaña "Baixo este paraugas cabemos todos" http://www.edu.xunta.es/portal/node/18507
- Protocolo de Tratamento Educativo do Alumnnado con Transtorno do Espectro Autista (TEA) http://www.edu.xunta.es/portal/node/18477
- Outros protocolos de actuación: http://www.edu.xunta.gal/portal/diversidadeorientacion/1764
Produto final
- Aberto, centrado no ámbito audiovisual. Dispoñerase dunha web para visibilizar o traballo dos centros.
Criterios específicos para a avaliación das memorias finais
Ao final do curso escolar, as persoas responsables do programa valorarán a idoneidade dos proxectos desenvolvidos en función dos seguintes criterios específicos:
- 1-3: criterios xerais do Plan Proxecta
- 4: nivel de implicación e participación do alumnado e do profesorado
- 5: grao de elaboración das actividades realizadas e do produto final
- 6: rigor no nivel de profundización na autoavaliación final e na reflexión