Apertura do prazo para que o persoal docente (interino ou substituto) solicite provincias ou zona
O Acordo do 20 de xuño de 1995 e as súas addendas, publicado como texto refundido por resolución do Director Xeral de Centros e Recursos Humanos, establece no seu apartado décimo cuarto, que o profesorado interino e substituto que estean nunha das circunstancias que a continuación se relacionan poderá optar polo período mínimo dun curso académico, por realizar substitucións nunha zona educativa:
-
Para atender o coidado un fillo menor de seis anos, tanto cando o sexa por natureza ou por adopción ou acollemento permanente ou preadoptivo.
-
Para atender o coidado dun familiar que se teña ao seu cargo, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade, non poida valerse por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída.
-
Por enfermidade grave
-
Por ter concedida unha bolsa de estudos
-
Por ampliación de estudos
-
Por ser vítima de violencia de xénero
-
Por calquera das circunstancias que permiten aos funcionarios públicos a concesión dos servizos especiais.
Asemade, a base décimo oitava da Orde do 2 de xuño de 2016, prescribe que o profesorado interino e substituto que non obteña praza nesta adxudicación poderá acollerse a prestar servizos como interino ou substituto nunha ou varias provincias, a través da aplicación informática que xestiona a cobertura de substitucións.
Se Vde. desexa acollerse a traballar nunha provincia ou en máis dunha pero non nas catro provincias da Comunidade Autónoma, ou acollerse a prestar servizos nunha zona educativa ou a non prestar servizos durante o curso académico 2016-2017, deberá efectuar a solicitude, a través da aplicación informática que xestiona a cobertura de substitucións, acompañada da documentación, cando sexa o caso, xustificativa da circunstancia alegada, o s prazos son os seguintes:
Mestres: do 1 de agosto de 2016 ata o 20 de agosto de 2016, ambos incluídos.
Profesores dos restantes corpos (PES,FP, EOI, ETC...): do 1 de setembro de 2016 ata o 12 de setembro de 2016, ambos incluídos.
A solicitude terá efectos durante todo o curso académico. O que non efectúe petición enténdese que opta por prestar servizos en todas as provincias da Comunidade Autónoma.
Para calquera dúbida pode poñerse en contacto:
-
Profesores do corpo de mestres
-
Teléfonos: 981545440 - 981544488 - 981545495
-
Enderezo electrónico: persoal.primaria@edu.xunta.es
-
-
Profesores dos restantes corpos (PES,FP, EOI, ETC...)
-
Teléfonos: 981545407 - 981545408
-
Enderezo electrónico: persoal.secundaria@edu.xunta.es
-