Título node Learning object
A Consellería de Cultura, Educación e O.U seleccionará 35 centros educativos co obxecto de realizar unha pilotaxe, durante o curso 2016/17, do proxecto europeo ATS2020; este ten por meta estudar o grao de integración real das competencias clave dentro do currículo do ensino primario e secundario en 250 centros educativos de toda Europa.
Os centros docentes participarán no proxecto coa implicación de dous profesores/as de calquera materia que impartan no mesmo nivel. A idade do alumnado deberá estar entre os 10 e os 15 anos de idade.
A data tope para a inscrición dos centros participantes é o 15 de setembro de 2016.
Acceso á convocatoria: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/19339
Pódese obter máis información no correo: programas.europeos@edu.xunta.es ou no teléfono 981 546545.