Convocatoria dos Premios a Proxectos de Formación Permanente do Profesorado 2016 dirixidos aos centros docentes que participan nos plans de formación permanente do profesorado implantados en centros educativos públicos no curso escolar 2015/2016

Xov, 16/06/2016 - 13:01

Xúntase a Convocatoria da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa dos Premios a Proxectos de Formación Permanente do Profesorado 2016 dirixidos aos centros docentes que participan nos plans de formación permanente do profesorado implantados en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso escolar 2015/16.

O obxectivo da convocatoria destes premios é valorar a participación de grupos de docentes en proxectos de formación en centros que afecten cualitativamente ao ámbito organizativo e/ou de xestión dos centros, á contorna familiar e institucional ou á elaboración e uso de recursos multimedia interactivos, que promovan novas formas pensar, novas formas de traballar e novas ferramentas de traballo.
 
Preténdese dar recoñecemento ás boas prácticas na formación permanente do profesorado e fomentar que os centros docentes desenvolvan, a través destes plans, aqueles aspectos que permitan a actualización e o perfeccionamento das competencias profesionais do profesorado para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares.
 
Obxecto e ámbito de aplicación.
Centros docentes públicos que conten cun Plan de Formación Permanente de Profesorado en curso. Os proxectos estarán baseados na análise e detección das necesidades educativas do centro e propoñerán estratexias de mellora da calidade.
 
Categorías de premio.
1. Categoría A: mellor proxecto de formación de cada CFR/CAFI. Concederanse un total de 7 premios, un por cada CFR/CAFI. Asignación extraordinaria de 2000€ sobre o concedido con carácter xeral para o desenvolvemento do PFPP no curso 2016-2017
2. Mención especial: Mellor proxecto de formación de entre os premiados na categoría A. Asignación extraordinaria de 1000 sobre o concedido con carácter xeral e o premio correspondente á categoría A.
 
Prazo.
Comeza o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no portal educativo (http://www.edu.xunta.es/portal/) e remata o día 10 de xullo de 2016.
 
Requisitos.
Á solicitude xuntaráselle a seguinte documentación:

  1. ANEXO I.
  2. Proxecto de formación no centro, en soporte electrónico, de acordo co especificado no apartado cuarto desta convocatoria. Presentarase en soporte informático. Ocupará un máximo de 20 páxinas numeradas e redactadas a unha cara, en tamaño A4, cun interliñado sinxelo e utilizando o tipo de letra Arial, tamaño de 12 puntos.

 
Criterios de valoración.

  • Contido innovador  e transferibilidade do proxecto.
  • Perspectiva de traballo en equipo, multidisciplinar e baseada en enfoque de traballo por proxectos e metodoloxías afíns.
  • Grao de implicación da comunidade educativa: profesorado, alumnado e/ou outras entidades .
  • Desenvolvemento de competencias profesionais docentes segundo o Anexo II.
  • Existencia dun sistema de avaliación minucioso relativo á implantación e desenvolvemento do proxecto, así como ao nivel de logro acadado no desenvolvemento do proxecto, con indicadores que permitan a comprobación da mellora na aula/centro.
  • Recursos aportados á comunidade educativa.

 
Resolución.
Unha vez avaliadas as candidaturas presentadas, emitirá unha resolución provisional dos premios concedidos. Esta resolución provisional poderase consultar no portal educativo . Ademais, comunicaráselles a través do correo electrónico aos centros presentados.
A partir do día seguinte ao da publicación da resolución provisional dos premios, abrirase un prazo de cinco días naturais para que se poidan presentar as alegacións ou reclamacións que se consideren oportunas. A comisión elevará a proposta definitiva de resolución dos premios concedidos ao director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, para a súa aprobación. Esta resolución definitiva poderase consultar no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Ademais, comunicaráselles a través do correo electrónico.
O prazo para resolver os premios correspondentes ás accións desta resolución será de tres meses.

Menú Advertisement

Premios autonómicos

Sen términos