Concesión do Selo "Biblioteca Escolar Solidaria" a seis centros educativos

Mar, 14/06/2016 - 12:06

Con data 14 de xuño de 2015, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos publica a concesión do Selo "Biblioteca Escolar Solidaria" a seis centros educativos, trala valoración das candidaturas presentadas ao abeiro da resolución de 10 de decembro de 2015 da devandita dirección xeral, pola que se publicaba a convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias que integra, entre outras, esta iniciativa e que se desenvolve en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Voluntariado e Participación, da Consellería de Política Social. Reciben este selo os seguintes centros:

 

Centro

Concello

Provincia

CPI P. Virxe da Cela

Monfero

A Coruña

CEIP P. A Pedra

Bueu

Pontevedra

CEIP Espedregada

Poio

Pontevedra

IES de Poio

Poio

Pontevedra

CEIP de Parada-Campañó

Pontevedra

Pontevedra

IES de Vilalonga

Sanxenxo

Pontevedra

Este selo é un distintivo de calidade en termos de traballo solidario e a favor da comunidade escolar e concédese a bibliotecas nas que se traballa de forma salientable e sistematizada a educación en valores e a compensación de desigualdades, e se fomenta o voluntariado cultural entre os integrantes da comunidade escolar.