Título node Learning object
O día 18 de maio de 2016 ás 13:00, inaugurouse a exposición “Dúas illas”, con obras de catorce docentes-artistas de diferentes lugares e máis de trinta alumnos e alumnas do CEIP de Sestelo-Baión, IES da Illa de Arousa e 1º EPAL de Ierápetra.
Trátase dunha das trinta e seis exposicións enREDadas que se realizan simultaneamente en varias cidades do mundo. No noso caso, tratamos o tema das illas de Arousa e Crhysí (historia, xeografía, natureza, turismo, etc), que estamos a traballar no Plan Proxecta San Clemente Paisaxe e Sustentabilidade e no proxecto eTwinning Two Islands Inspire.
Esta exposición benéfica conta co patrocinio da UNESCO e do Concello da Illa de Arousa. Pódese visitar até finais de xuño no IES San Clemente, de luns a venres, de 9:00 a 14:30 e de 16:00 a 23:00. Posteriormente, no auditorio da Illa de Arousa.
Máis información, na ligazón aportada.