Título node Learning object

Xente con Don
Xov, 28/04/2016 - 12:01

Ficha técnica

Proxecta

Institución:

  • Consellería de Sanidade

    • Dirección Xeral de Saúde Pública

    • Servizo de Control de Enfermidades Transmisibles. Plan galego anti VIH/sida e outras ITS .

Ámbito: saúde sexual / educación emocional / igualdade

Definición:

A finalidade do programa é a de proporcionar ao alumnado de 3º e 4º da ESO, Bacharelato e Formación Profesional (grao básico e medio) coñecementos básicos sobre as principais Infeccións de Transmisión Sexual (ITS) incluíndo as medidas de prevención respecto delas.

Os centros educativos promoverán a elaboración dun traballo en equipo no que terán que realizar varias etapas (estas etapas organizaranse ao longo do curso como determine o equipo docente do centro segundo a súa programación e dispoñibilidade) :

- Etapa previa:

Organización no centro educativo dun equipo de profesorado interesado en realizar o Programa Xente con Don. O equipo a ser posible debería contar con polo menos dous docentes sendo un deles da especialidade de Bioloxía ou ben dunha das especialidades da familia profesional de Sanidade.

-Solicitar ao Plan Proxecta a inclusión no Programa Xente con Don, presentando unha breve memoria que inclúa o equipo docente que vai dirixir o programa.

-Realización do Programa unha vez aprobada a inclusión no Plan proxecta:

Etapa: Avaliación individual de coñecementos sobre ITS que ten o alumnado.

O Plan galego anti VIH/sida e outras ITS do Servizo de Control de Enfermidades Transmisibles facilitará un modelo de formulario de preguntas test sobre ITS que se pode utilizarse para facer esta avaliación. Este mesmo formulario volverá a usarse para medir os coñecementos adquiridos polo alumnado cando finalice o programa.

Calcularase, por parte do equipo docente, a media de puntos obtidos polos estudantes distribuída por aula e centro.

2ª Etapa: Recompilación de información sobre ITS.

Formaranse grupos de alumnado, e repartiranse tarefas de busca de información sobre ITS en Internet asignando a cada grupo dúas ou tres ITS. O profesorado supervisará e fará recomendacións sobre as fontes de información.

O Servizo de Control de Enfermidades Transmisibles facilitará un temario breve cos coñecementos que sería o desexable que adquirisen os estudantes durante a realización do programa.

3ª Etapa: Elaboración dunha presentación.

Os grupos de alumnado realizarán unha presentación electrónica (tipo Power Point, Impress...) sobre ás ITS que traballaron ou un vídeo de corta duración para poder ser exposta aos seus compañeiros e compañeiras.

4º Etapa: Exposición e valoración dos traballos.

Exposición dos traballos realizados aos seus compañeiros e compañeiras.

Valoración(p.e. 1-10 puntos) dos traballos expostos:

* Individualmente polo propio alumnado, do traballo de cada un dos grupos.

* Polo docente que dirixiu os grupos.

Establecerase unha puntuación media entre a valoración do alumnado e a do docente.

5ª Etapa: Avaliación individual dos coñecementos adquiridos.

Avaliación dos coñecementos adquiridos individualmente polo alumnado volvendo a pasar o test de coñecementos de ITS que se pasou ao inicio da actividade.

Calcularase, por parte do equipo docente, a media de puntos obtidos polo alumnado distribuída por aula e centro.

6º Etapa: Elaboración dunha breve memoria sobre as actividades realizadas

Redacción, por parte do equipo docente dunha breve memoria sobre as actividades realizadas. Incluirá os datos acadados na puntuación da avaliación distribuída por aula e centro.

Xuntarase a esta memoria os dous traballos (powerpoint, impress, pdf, video etc) máis puntuados polo alumnado e profesorado.

7ª Etapa: Envío da memoria cos traballos anexados.

Envío ao Plan galego anti VIH/sida e outras ITS(antes do 15 de maio de 2024) da memoria cos traballos anexados.

 

Vinculación cos ODS da Axenda 2030:

  • ODS 3. Saúde e benestar
  • ODS 4. Educación de calidade
  • ODS 5. Igualdade de xénero

Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: ESO (3º e 4º), bacharelato, e ciclos de formación profesional de grao básico e medio.
Límite de centros participantes: sen límite

Límite de docentes participantes por centro: Mínimo de docentes participantes dous. Un dos docentes será da especialidade de Bioloxía ou ben dunha das especialidades da familia profesional de Sanidade (Procesos Sanitarios, Procesos Diagnósticos Clínicos e Produtos Ortoprotésicos, Procedementos Sanitarios e Asistenciais. Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico )

Sin límite máximo de docentes.

Recomendable a participación de docentes das áreas de coñecemento de Ciencias Sociais, Ética e Igualdade.

Criterios de selección:

Adecuación do proxecto presentado á metodoloxía e fins do Programa Xente con Don.

Criterios de exclusión:

  • Se o equipo docente participante non conta polo menos cun profesor/a da área de bioloxía.
  • Alumnado que xa realizou o programa Xente con Don en anos anteriores.

Responsables do programa

Nome: Rogelio Lema Mougán e Sonia Touceda Taboada.

Departamento: Servizo de Control de Enfermidades Transmisibles

Teléfono: 881 542914

Correo electrónico: plan.vih.its@sergas.es


Xustificación

O programa xurdiu pola necesidade de mellorar a información e coñecemento da mocidade respecto das Infeccións de Transmisión Sexual (ITS) e das medidas de prevención para evitalas ou diagnosticalas precozmente.

No Plan galego anti VIH/sida e outras ITS, detectouse un incremento das infeccións de transmisión sexual. Por esta razón deseñáronse varias liñas de actuación para mellorar esta situación. Unha destas liñas e ampliar a información e o coñecemento das poboacións máis novas con intervencións no ámbito educativo como unha formación básica de carácter transversal.

Obxectivos

Mellorar e aumentar o coñecemento da mocidade sobre como as infeccións de transmisión sexual (ITS) poden afectar á saúde ( recoñecemento de situacións de risco, síntomas ou signos frecuentes...), favorecendo unha actitude preventiva ante as infeccións de transmisión sexual.

Aumentar o coñecemento individual sobre as ITS para beneficiar ao grupo pola transferencia de información entre pares, de tal modo que a información se vexa amplificada no grupo da poboación obxectivo.

Desenvolvemento das competencias clave

  • Competencia en comunicación lingüística
  • Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
  • Competencia dixital
  • Competencia en aprender a aprender
  • Competencias sociais e cívicas

Actividades (formación, obradoiros, saídas, concursos, xornadas, visitas…)

  • Actividades obrigatorias e prazos de entrega:

    As diferentes etapas do programa son para desenvolver ao longo do curso académico. O cronograma desenvolverao cada equipo de docentes segundo a programación que estimen máis adecuada ás dispoñibilidades da programación do seu centro educativo.

    O programa debería estar rematado antes do 15 de maio. A memoria final do programa cos traballos seleccionados enviaranse ao e-mail: plan.vih.its@sergas.es

  • Propostas de actividades (no caso de programas abertos):

    Recoméndase usar os test de avaliación que propón Xente con Don para poder facer estudios sobre os niveis acadados polo alumnado. Esto permitiranos modular os contidos do programa para futuras edicións.

    Tamén recomendamos usar a metodoloxía de traballo proposta; pero o equipo docente poderá introducir os cambios que considere máis convenientes para a realización do programa na súa aula ou centro.

O Programa Xente con Don esta aberto a colaborar cos equipos docentes para axudar a resolver dúbidas sobre o mesmo. De todos modos, como se trata dun programa que o que pretende é transmitir unha información básica sobre ITS consideramos que o equipo docente non vai ter maiores dificultades para levalo a cabo. En todo caso ofrecemos o noso asesoramento por teléfono ou e-mail: 881 542 914 e-mail: plan.vih.its@sergas.es

  • Formación:
    Como a información que queremos transmitir ao alumnado é básica non consideramos necesario formación específica para o profesorado; xa que para os docentes, especialmente os das áreas de coñecemento de Bioloxía e Sanidade, a información que se vai manexar é moi básica para o seu nivel formativo e profesional.

Recursos (materiais didácticos, guías, webs ou bibliografía de referencia...)

  • Materiais didácticos:

    O Plan anti VIH/sida e outras ITS enviará:

- Un documento básico coa información sobre ITS que o alumnado debería coñecer tras o desenvolvemento do programa Xente con Don.

- Enquisa para analizar os coñecementos previos e posteriores a realización do Programa Xente con Don.

    https://www.mscbs.gob.es/ciudadanos/enfLesiones/enfTransmisibles/sida/homeITS.htm

    Recomendamos buscar información en internet, especialmente en formato vídeos de Youtube.

      • Outros: canle Sex Invaders en Facebook, Instagram e Blog

       

      Recursos

      O Plan anti VIH/sida e outras ITS enviará aos centros participantes:

      • Enquisa para analizar os coñecementos previos e posteriores á realización do Programa Xente con Don.

      • Documento coa información sobre ITS que o alumnado debería coñecer tras o desenvolvemento do programa Xente con Don

      Webs de referencia:

      Outros: canle Sex Invaders en Facebook, Instagram e Blog

        Produto final

        Produto final de formato libre (vídeo, presentación, videoxogo, curtametraxe,...) que reflicta as actividades realizadas ao abeiro do programa.

        Criterios específicos para a avaliación da memoria final

        Criterios xerais do Plan Proxecta

        1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

        2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

        3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto

        Criterios específicos

        4. Datos de pre-avaliación e avaliación final de coñecementos sobre ITS adquiridos de maneira grupal: Calcularase a nota media das pre-avaliacións e avaliacións finais da/s aula/as e do centro valorada de 1-10 puntos.

        Utilizarase como ferramenta de medida as preguntas test propostas polo Plan galego anti VIH/sida e outras ITS.

        5. Elaboración dun vídeo ou presentación. Enviaranse, como máximo, as dúas mellor valoradas polo alumnado e docentes do centro.

        Valoraranse por parte do programa Xente con Don a calidade do traballo realizado polos alumnos e alumnas dos centros participantes.

        6. Número do alumnado participante distribuído por sexo e por aulas. Número de profesorado que participou no equipo do centro educativo, distribuído por sexo e áreas de coñecemento.

        Menús Learning object node R