Resolución provisional dos proxectos admitidos e non admitidos para a súa participación no Plan Proxecta durante o curso 2015/2016
Publícase a listaxe provisional dos proxectos admitidos e non admitidos en cada programa educativo para a súa participación no Plan Proxecta durante o curso 2015/2016.
Tal e como se establece no artigo 10 da Resolución do 17 de xuño de 2015 que regula o Plan Proxecta ábrese, a partir do día 5 de novembro, un prazo de 10 días naturais (ata o sábado 14 de novembro de 2015) para facer reclamacións a esta listaxe provisional ou para renunciar a participar no Plan Proxecta durante o curso 2015/2016.
Tanto as reclamacións como as renuncias débense facer mediante o modelo que se achega abaixo en formato PDF editable ( Solicitude de reclamación ou renuncia).
NOTA: Rogamos que envíen unha copia escanada da solicitude de reclamación ou renuncia entregada por rexistro para axilizar a tramitación ao seguinte enderezo electrónico: planproxecta@edu.xunta.es
Resolución do 17 de xuño de 2015 (DOG)
Corrección de erros da Resolución do 17 de xuño de 2015 (DOG)
Resolución provisional dos proxectos admitidos no Plan Proxecta 15/16
Resolución provisional dos proxectos non admitidos no Plan Proxecta 15/16
Solicitude de reclamación ou renuncia