Título node Learning object
Ficha técnica
Institución:
- Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
- Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Ámbito: medio ambiente / desenvolvemento sustentable / patrimonio natural
Definición: o programa consiste en desenvolver un proxecto relacionado con a promoción dos espazos protexidos de Galicia e fomento da concienciación e actitudes do alumnado cara á conservación da natureza e o coñecemento da Rede Natura 2000, facendo especial atención ao coñecemento da diversidade de especies que se poden atopar en Galicia, os ecosistemas que habitan, e mesmo pódense desenvolver un, ou todas as seguintes actividades: Bioveo, Viaxe á 2000 hábitats de Galicia, Maxia Natural e/ou Voando no inverno (para máis información, cómpre consultar o apartado "Actividades").
Vinculación cos ODS da Axenda 2030:
- ODS 15. Vida de ecosistemas terrestres
- ODS 4. Educación de calidade
- ODS 13. Acción polo clima
- ODS 14. Vida submarina
Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: primaria, ESO, bacharelato, FP e centros de educación especial
Límite de centros participantes: 20
Límite de docentes participantes: 7, sempre e cando se especifique claramente cales son as súas tarefas no proxecto
Criterios de selección:
- Calidade do proxecto presentado.
- Proxecto demostrativo.
- Orixinalidade do proxecto e das técnicas ou estratexias empregadas na consecución de obxectivos.
- Implicación social na realización de accións e divulgación do proxecto.
Criterios de exclusión:
- Reiteración do proxecto presentado en cursos anteriores.
- Non acadar a calidade precisa
- Non incluír específicamente a tarefa de cada docente no proxecto
- Non incluír o proxecto dentro da programación de cada materia ou ámbito.
Responsable do programa:
Nome: Ana Mª Quiroga Rodríguez
Departamento: Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Teléfono: 981 547 209
Correo electrónico: ana.quiroga.rodriguez@xunta.es
Xustificación
O programa xurdiu das propias competencias da Dirección Xeral e da necesidade de traballar na educación ambiental dende os centros escolares.
Obxectivos
- Introducir os nenos nos conceptos básicos da conservación da natureza, A Rede Natura 2000, a biodiversidade de Galicia e os espazos protexidos
- Fomentar a súa sensibilización cara á natureza e conectar o alumnado con ela e mais co aire libre
- Desenvolver h actitudes de curiosidade, interese e creatividade nos elementos e protección das especies e espacios naturais de Galicia
- Adquirir habilidades emocionais e intelectuais para a prevención e resolucións de problemas ambientais
- Coñecer e valorar o seu contorno natural
Desenvolvemento de competencias clave
- Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
- Competencia dixital
- Competencia en aprender a aprender
- Competencias sociais e cívicas
- Competencia en conciencia e expresións culturais
Actividades
Actividades (a elixir unha ou varias):
- Actividade Bioveo (primaria, ESO, bacharelato): os centros realizarán traballos e productos respecto a biodiversidade Galega. A finalidade e c as amenazas que poden afectar as súas poboacións e as ferramentas que existen para a súa protección
- Viaxe a 2000 habitats de Galicia (primaria, ESO, bacharelato): o alumnado descubrirá os hábitats e especies protexidas máis importantes do territorio galego dentro da Unión Europea.
- Actividade Maxia Natural (primaria, ESO, bacharelato): os centros escolares animarán os alumnos a elaborar en equipos composicións audiovisuais (vídeos, composicións fotográficas etc.), que reflicten a Maxia da Natureza Galega.
- Concurso Voando no inverno (primaria, ESO e bacharelato). Visita a un observatorio ornitolóxico. Trátase de iniciar o alumnado no mundo da ornitoloxía galega incidindo sobre todo nas aves invernantes.
Saídas:
- Visita a espazos Rede Natura 2000
- Visita a observatorios ornitolóxicos
- Visitas a Parques Naturais
Recursos
- Materiais didácticos: unidades didácticas
- Aves: primaria, secundaria.
- Biodiversidade: primaria, secundaria.
- Conservación: primaria, secundaria.
- Webs de referencia:
Criterios de avaliación da memoria final
Criterios xerais do Plan Proxecta+
1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).
2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.
3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.
Criterios específicos
4. Calidade e poder demostrativo
5. Innovación e creatividade
6. Importancia no eido da educación e divulgación ambiental