Título node Learning object
Ficha técnica
Institución:
- Ministerio do Interior
- Dirección Xeral de Tráfico
Ámbito: mobilidade
Definición: programa para a promoción da mobilidade segura e sostible entre o alumnado e a comunidade educativa.O programa consiste en desenvolver un proxecto relacionado cos cambios nos hábitos de desprazamentos cara a modelos máis seguros, activos e sostibles. Proponse a incorporación de accións, actividades, talleres... que de maneira práctica, contribúan á creación destes novos hábitos, e á creación de valores seguros como peóns, ciclistas ou usuarios dos diferentes medios de transporte.
Vinculación cos ODS da Axenda 2030:
O marco estratéxico mundial, definido pola Axenda 2030 e a Nova Axenda Urbana, constitúe a guía para definir o cambio de paradigma das cidades, incorporando unha correlación entre a boa urbanización e o desenrolo, apostando por comunidades sostibles (ODS 11), e promocionando unha viaxe segura e saudable á escola para todos os nenos e nenas (Obxectivo 11.3).
- ODS 11. Cidades e comunidades sustentables
- ODS 4. Educación de calidade
Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: infantil, primaria, ESO, bacharelato e centros de educación especial
Límite de centros participantes: sen límite
Criterios de selección:
- Calidade do proxecto presentado
Persoas responsables:
A CORUÑA
Nomes: Federico Ceniza Gómez
Departamento: Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña
Teléfono: 981 288 377 ext. 471529
Correo electrónico: educacionvial.jptc@dgt.es
LUGO
Nome: Laura García Crespo
Departamento: Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo
Teléfono: 982 148 803
Correo electrónico: laura.gcrespo@dgt.es
OURENSE
Nome: Andrea Conde Guerra
Departamento: Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense
Teléfono: 988 032 291
Correo electrónico: educacionvial.jptou@dgt.es
PONTEVEDRA
Nome: Susana Freire Salgado
Departamento: Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra
Teléfono: 986 853 646 ext. 473616 / 986 853 646 ext. 473602
Correo electrónico: educacionvial.jptpo@dgt.es / jptpo@dgt.es
Xustificación
O contorno dos centros escolares é o ámbito de maior perigo viario para o alumnado. Nos desprazamentos dos menores aos centros de ensino é onde ocorren a maior parte dos accidentes de tráfico que sofren os pequenos. O alumnado constitúe, por razón de idade, un destes colectivos vulnerables sobre o que compre exercer medidas de protección especiais que favorezcan o seu desenvolvemento en espazos que se construíron sen pensar neles.
Obxectivos
O obxectivo do programa é promover modos de mobilidade sostibles e seguros para toda a sociedade, adaptados ao contexto viario en que vive o alumnado.
Quérese introducir a educación viaria na escola non como a aprendizaxe de normas e sinais para futuros condutores, senón cunha finalidade transformadora que cuestione os modos de mobilidade imperantes e que favoreza a participación do alumnado na elaboración de propostas de mellora que garantan a súa seguridade nos seus desprazamentos e, sobre todo, que promovan modos de mobilidade máis saudables para toda a comunidade.
Desenvolvemento das competencias clave
-
Competencias sociais e cívicas
-
competencia en comunicación lingüística
-
competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
-
competencia dixital
-
competencia en aprender a aprender
-
competencias sociais e cívicas
-
competencia en sentido de iniciativa e espírito emprendedor
-
competencia en conciencia e expresións culturais
Actividades
Os centros educativos deseñarán o seu propio proxecto coas necesidades de mellora do centro en materia de educación viaria e cunha proposta de participación social; incluirán así mesmo as actividades que se desenvolverán (elaboración de vídeos de educación viaria, murais,...)
Nota: a realización de todas as actividades propostas estará supeditada á situación sanitaria e ao establecido polo protocolo no ámbito educativo para este tipo de actividades.
-
Actividades obrigatorias (no caso de programas pechados) e prazos de entrega:
-
Propostas de actividades (no caso de programas abertos):
-
Elaboración de vídeos de educación viaria
-
Murais relacionados coa educación viaria
-
Proxecto educativo coas necesidades de mellora do centro en materia de educación viaria e cunha proposta de participación social
-
- Apoio ao profesorado: telefónico ou presencial para favorecer a sensibilización e información inicial ao profesorado cando se precise, para inicio de traballo na aula.
- Obradoiros: posibilidade de facer obradoiros nas aulas ou no exterior
-
Saídas: ofrecerase a posibilidade de recibir acompañamento técnico da policía local ou doutros colectivos para o recoñecemento e a análise do contorno escolar.
Recursos
- Materiais didácticos: O programa pon a dispor do alumnado e do profesorado material didáctico diverso a través da web de referencia e tamén en formato papel
- Webs de referencia:
- DGT: https://www.dgt.es/conoce-la-dgt/que-hacemos/educacion-vial
- Camino Escolar Seguro: https://www.caminoescolarseguro.com/
- Red de Ciudades que Caminan: https://ciudadesquecaminan.org/
- Ceneam: https://www.miteco.gob.es/es/ceneam/
- La cittá dei bambini: https://www.lacittadeibambini.org/es/
- Teachers for Future: https://teachersforfuturespain.org/
-
Outros: Colaboración por parte dos coordinadores de educación viaria das xefaturas provinciais de tráfico, Policias Locais e Garda Civil para a realización de actividades.
Produto final
Produto final aberto: presentación, exposición, recompilación de actividades realizadas durante o curso publicadas no blog do centro, etc.
Criterios de avaliación da memoria final
Criterios xerais do Plan Proxecta
1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc.).
2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.
3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto
Criterios específicos
4. Diagnose das necesidades do contorno educativo para facilitar a mobilidade do alumnado.
5. Analise dos problemas e das dificultades para a mobilidade do alumnado no ámbito en que se move.
6. Calidade da proposta de mellora para a moblidade do alumnado atendendo á seguridade e á sostibilidade.
Selección de boas prácticas
- CEIP Carmen García Carrasco. Título: Mobilidade Sostida e Segura
- CEIP San Ramón de Moeche. Título: O CEIP San Ramón aposta pola mobilidade sostible e segura