Título node Learning object
O “Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos”, continuando na liña de anos anteriores pero incorporando novas dimensións, ofrece aos centros educativos durante o curso 2014-2015 a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas impartidas por expertos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado sobre diferentes temáticas que favorezan a mellora da convivencia e o achegamento destes profesionais aos cidadáns ao mesmo tempo que facilita actuacións moi en consonancia coa Acción Titorial e as propostas do Plan de Convivencia desenvolvidas nos centros. Entre estas actuacións podemos destacar:
- Acoso escolar
- Consumo y tráfico de estupefacientes
- Actividade de grupos ou bandas violentas de carácter xuvenil
- Riscos asociados a Internet e ás novas tecnoloxías (especialmente acoso sexual, difusión de contidos de natureza sexual por teléfonos móbiles, venta de menores, prostitución infantil e utilización de menores na pornografía)
- Violencia de xénero
- Prevención de incendios
- Outros...
- Xornadas de portas abertas e exhibicións
Estas actuacións poden ir dirixidas aos diferentes membros da comunidade educativa (alumnado, profesorado e familias)
Polo tanto e para facilitar a participación do seu centro, neste espazo poñemos á vosa disposición a seguinte documentación:
- Instrucións do procedemento para tramitar as solicitudes (ante os tres organismos participantes)
- Carta do Delegado do Goberno en Galicia (en galego)
- Carta del Delegado del Goberno en Galicia (en castellano)
- Instrucción Nº 7/2013 de la Secretaria de Estado de Seguridad, sobre el “Plan Director para la convivencia y mejora de la seguridad en los centros educativos y sus entornos”
- Solicitude para a intervención nos centros escolares (en galego)
- Solicitude para la intervención en los centros escolares (en castellano)
- Formulario de avaliación e mellora do Plan Director (en galego)
- Formulario de evaluación y mejora del Plan Director (en castellano)