Título node Learning object
Iníciate en eTwinning
Ven, 03/06/2016 - 10:10
Convidámosvos a crear un grupo de traballo ou seminario para os docentes interesados/as en iniciarse en eTwinning, no ano escolar 2016-2017.
Trátase dun Programa Europeo incluído en Erasmus+, que permite crear proxectos de forma fácil, rápida, sen trámites, prazos nin orzamento.
No 2016-2017, convidámosvos a crear un grupo de traballo para realizar o voso primeiro proxecto eTwinning:
- 3 membros (mínimo)
- 4 horas de docencia.
- 12 horas de traballo reunidos.
- Certificado de formación de 20 horas.
- Acompañamento da Embaixada eTwinning Galicia