Título node Learning object
O absentismo escolar é un problema ao que os centros educativos teñen que facer fronte dun xeito directo e permanente, e é motivo de preocupación, tanto para a comunidade educativa como para a sociedade en xeral, por incidir directamente no exercicio do dereito fundamental á educación.
O dereito e a obrigación de cursar a educación básica -educación primaria e educación secundaria obrigatoria- significa que, cando menos, todo o alumnado entre 6 e 16 anos debe estar escolarizado e, igualmente, asistir regularmente a clase.
O control da asistencia a clase é unha función do profesorado, e cada centro educativo debe articular a forma de promover a asistencia a clase e o procedemento para controlar esa asistencia.
O absentismo -definido no Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación- limita un dereito fundamental e hai que abordalo desde as súas orixes, tanto con medidas preventivas como con actuacións específicas.
Coa finalidade de establecer unhas pautas comúns de actuación elaborouse o Protocolo para a prevención e o control do absentismo escolar en Galicia, que ten un carácter básico e de referencia, de xeito que cada centro educativo, dentro da súa competencia e autonomía, pode adaptalo á súa realidade.
En consecuencia con todo o anterior, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, dentro das súas competencias, dita as Instrucións do 31 de xaneiro de 2014, co propósito de trasladar o protocolo xeral e de facilitar a súa aplicación nos centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
ANEXOS (en formato word, para ser adaptados e/ ou modificados):