Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras

Plan galego de potenciación das linguas estranxeirasA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria márcase para os vindeiros anos o obxectivo de incrementar significativamente as competencias do alumnado en linguas estranxeiras a través das seguintes actuacións: o reforzo cualitativo na formación do profesorado que imparte materias, áreas ou módulos non lingüísticos en lingua estranxeira, tanto das seccións bilingües coma dos centros plurilingües, dous programas distintos que cobren as diversas necesidades das nosas comunidades educativas en materia de linguas estranxeiras; o artellamento dunha rede tanto deste profesorado como do especialista en linguas estranxeiras; a dotación de persoal que reforce o contacto directo coa lingua traballada e a interculturalidade, tales como os auxiliares de conversa e o profesorado visitante; a constante oferta de formación en linguas estranxeiras para o alumnado; e, por suposto, a colaboración e aperturismo cara a diversos programas educativos da Unión Europea.

Obxectivo xeral
Que o alumnado, ao remate da súa educación e formación escolar, teña unhas competencias de comprensión e expresión orais e escritas nunha lingua estranxeira, basicamente inglés, que lle permitan ser un usuario independente dela, conforme aos requisitos do nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas, así como dotar progresivamente o profesorado das competencias didácticas e lingüísticas necesarias para alcanzar a referida formación do alumnado.
Obxectivos estratéxicos
Para poder alcanzar o referido obxectivo, é necesario que desde a Administración educativa se actúe nos seguintes ámbitos:

  • Centros educativos. Deberán ser sensibles ao obxectivo establecido. Polo tanto, a súa participación no Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras, en principio, será voluntario e froito da súa propia convicción.
  • Profesorado. Deberá estar formado convenientemente para que se sinta seguro e cómodo impartindo a súa materia nunha lingua estranxeira, así como para que se involucre moi activamente no proxecto, sendo un promotor deste.
  • Alumnado. Deberá experimentar interese por realizar as súas aprendizaxes nunha lingua estranxeira e mesmo sentirse orgulloso de o facer.
  • Familias. Deberán colaborar co centro educativo e co seu profesorado no desenvolvemento do plan e sentirse satisfeitas polo progreso dos seus fillos e fillas no dominio e no uso da lingua ou das linguas estranxeiras que estean a aprender.

Eixes do Plan galego de potenciación das linguas estranxeiras
Para lograr os obxecivos previstos, o Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras de Galicia establece unha serie de medidas e accións,que se vertebran nos seguintes eixes de intervención:

Eixes e medidas do Plan galego de potenciación das linguas estranxeiras

 

 

Diagrama das dinámicas fomentadas polo Plan galego de potenciación de linguas estranxeiras

Toda a información sobre este tema pódese atopar no espazo web de Linguas estranxeiras: