Fondo Social Europeo 2014-2020 – Novos itinerarios de 3º e 4º curso da ESO

Lun, 30/11/2015 - 14:00

A implantación dos novos itinerarios de 3º e 4º curso da Educación Secundaria Obrigatoria será cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE), no marco do obxectivo temático 10 “Investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e unha aprendizaxe permanente”.

Trátase dunha medida esencial para reducir a taxa de abandono escolar temperá.

A achega do FSE recóllese no eixo 3 do Programa Plurirrexional de Emprego, Formación e Educación do período de programación 2014-2020, xestionado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Encádrase na prioridade 10.1 e no obxectivo 10.1.1: “Reducir o número de alumnos e alumnas que abandonan de forma temperá o sistema educativo que participan na Formación Profesional e nos novos itinerarios da Educación Secundaria Obrigatoria”. 

A actuación é a 10.1.1.2:  “Anticipación e novos itinerarios en 3º e 4º da ESO.

Con estes fondos fináncianse os gastos de profesorado e os custos indirectos. A taxa de cofinanciamento do FSE é do 80% deses gastos.

Normativa

Documentos de programación e xestión

 

Operacións seleccionadas

Información e comunicación

Medidas para cumprir coas obrigas en materia de difusión e publicidade:

  • Informar, deixando constancia material, ao profesorado e ao alumnado afectado sobre o cofinanciamento das horas lectivas das materias dos novos itinerarios de 3º e 4º, nos centros que foron seleccionados na operación;
  • Poñer nos taboleiros de anuncio do centro educativo e na súa páxina web, se a tiver, o cartel anunciando a axuda do FSE nos itinerarios de 3º e 4º da ESO;
  • Na documentación relacionada coas operacións a cofinanciar, inclúase o emblema da Unión europea, a referencia ao Fondo Social Europeo e a lenda "O FSE inviste no teu futuro". Tamén se recomenda incluír a referencia ao Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación. O emblema da Unión debe seguir as normas gráficas recollidas no Anexo II do Regulamento de Execución (UE) 821/2014.
  • Distribuír entre o alumnado e o profesorado o tríptico sobre os novos itinerarios;

Documentos:

 

Enlaces de interese: