Orientación
Orientación

No contexto educativo actual, considérase a orientación como inherente á propia educación, pois trata de contribuír á formación integral do alumnado, coa finalidade de capacitalo para unha aprendizaxe autónoma e unha participación activa, crítica e transformadora da sociedade ao longo de toda a súa vida, e á implicación e ao asesoramento dos pais e do resto dos axentes da comunidade educativa.

Este espazo pretende amosar de xeito concentrado algunhas iniciativas e recursos destinados a promover a orientación como medio favorecedor dunha calidade educativa, desde o autocoñecemento, o control do proceso de aprendizaxe, o axuste das medidas educativas, o coñecemento e tomada de decisións na elección dos diferentes itinerarios formativos, a promoción da escolarización, as saídas profesionais e o mundo do emprendemento.

Acción titorial
A acción titorial está intrinsecamente vinculada á función docente. A titoría convértese no eixo da función orientadora, ao entender a orientación como o acompañamento e o asesoramento do alumnado ao longo do período escolar como un proceso continuo e dirixido ao desenvolvemento integral de todo o alumnado e a todos os niveis. Neste espazo dedicado á “titoría educativa” preténdese ofrecer unha...
Orientación educativa
A orientación educativa ten por obxecto axudar ao alumnado ao longo da súa traxectoria escolar, a coñecer, valorar e decidir sobre si mesmo e sobre as súas preferencias, intereses e capacidades académicas, para que poida formular libre e responsablemente a súa decisión persoal. Este espazo pon á disposición da comunidade educativa recursos e actuacións para que responsablemente poidan ofrecerlle...
Orientación profesional
A orientación profesional ten como obxectivo axudar as persoas de todas as idades, en todos os momentos da súa vida, a tomar unha decisión sobre educación, formación e profesión e a xestionar a súa traxectoria profesional. Aquí as persoas poderán atopar información e recursos actualizados para unha toma de decisións responsable que facilite a súa inserción profesional. Para posibilitar este...
Servizos de apoio á orientación
Desde que o Decreto 120/1998 regulou a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, foron moitos os cambios que se sucederon, tanto na educación en xeral como na orientación en particular; pero, sen dúbida, a maior innovación vén dada polos cambios de perspectiva que introduce a Lei orgánica de educación e polo fincapé que nela se fai nos principios de calidade baseada...