Listaxes definitivas do alumnado admitido e excluído dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2017/2018

Gallego

Listaxes definitivas do alumnado admitido e excluído dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2017/2018

Colectivo: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de sistemas electrotécnicos e automáticos (590125) e de equipos electrónicos (591202)

Gallego

Resolución do 7 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de sistemas electrotécnicos e automáticos (590125) e no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de equipos electrónicos (591202).

  • O prazo para formular solicitudes será de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo.
     

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Sección: 

Bibliotecas Escolares Solidarias: centros seleccionados na acción Voluntariado de lectura-A (primaria)

Bibliotecas Escolares Solidarias: centros seleccionados na acción Voluntariado de lectura-A (primaria)
Gallego
Achégase arquivo coa Resolución de 7 de maio de 2019 relativa á convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos de 30 de novembro de 2018, do programa Bibliotecas Escolares Solidarias. Esta convocatoria foi ampliada pola Resolución de 15 de abril de 2019, da mesma dirección xeral na que se concretaban algúns aspectos relacionados con dúas accións integradas neste programa: Voluntariado de lectura-A (para alumnado de 5º e 6º de primaria) e o Selo "Biblioteca Escolar Solidaria".
 
Resólvese  nesta resolución a modalidade Voluntariado de Lectura-A, coa selección de 10 centros de Voluntariado de lectura-A entre os 82 centros participantes neste curso 2018/2019, aos que se lles concede a organización, no propio centro, dun obradoiro relacionado coa narración oral e a lectura expresiva, o laboratorio de radio, a realización dun audiovisual ou xogos cooperativos e tradicionais ou a música e danza tradicionais, que cada centro deberá elixir segundo o seu interese e que irá dirixido a un grupo de alumnos e alumnas participantes no programa de voluntariado. 
 
 Este programa desenvólvese coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social.

Ensinanza: 

Sección: 

Selección de estadías formativas en empresas para profesorado de Formación Profesional 2019. Resolución provisional

Gallego
Publicada a Resolución provisional da comisión de selección de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2019 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial, e das artes plásticas e o deseño.

O prazo para efectuar reclamacións, emendar erros ou presentar renuncia á concesión da estadía é de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.
 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Listaxes definitivas de solicitudes e exencións. Sedes e instrucións para a súa realización. Convocatoria 2019

Gallego
Publicadas a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas e a resolución definitiva de exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio na convocatoria  ordinaria 2019.
 
Publicadas instrucións e a asociación de centros e de sedes para a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao medio na convocatoria ordinaria 2019.
 

Tema: 

Colectivo: 

Publicación das cualificacións provisionais da proba libre para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos correspondentes ao ano 2019

Gallego

Publicadas as cualificacións provisionais da proba libre para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos correspondentes ao ano 2019.

 

 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Convocatoria para a autorización dos CPIs, IES e CIFP para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE para o curso 2019/2020

Gallego

Resolución do 22 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a autorización dos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE para o curso 2019/20.

  • O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 10 de xuño de 2019.

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Listaxes provisionais de solicitudes. Curso 2018/2019

Gallego
Publicada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas para as probas libres para a obtención de titulos de FP (LOE).

Período de reclamación: do día 7 ao 9 de maio ata as 13.00 horas, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.
 

Tema: 

Vacantes definitivas do concurso de traslados para o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, EAA e OA, CMUS, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación para o ano 2019

Gallego

Resolución do 2 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as vacantes definitivas que serán obxecto de provisión no concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación.

 

Colectivo: 

Instrucións para o desenvolvemento da avaliación final de educación secundaria obrigatoria nos centros docentes para o curso escolar 2018/2019

Gallego

Resolución do 16 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación final de educación secundaria obrigatoria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2018/19.

  • A aplicación das probas realizarase os días 28 e 29 de maio de 2019.

 

Servizo relacionado: