Novas da Xunta
Un total de 431 colexios e institutos desenvolven clubs de lectura grazas ao apoio da Xunta
Summary:
Este curso sumáronse 53 novos centros a esta iniciativa da Consellería de Educación, que financia con 400.000 € a adquisición de fondos e gastos de funcionamento
Os clubs de lectura están concibidos como espazos de aprendizaxe e de convivencia, onde se fomenta a adquisición de competencias lectoras, o traballo en equipo e o intercambio de experiencias
Idioma GallegoUn total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación, desenvolven clubs de lectura nas súas bibliotecas durante este curso grazas ao apoio da Xunta, que destina un total de 400.000 euros a este programa. O obxectivo desta iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, enmarcada no Plan LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) 2021-2025, é fomentar e consolidar os hábitos lectores e as competencias básicas do alumnado (comunicación lingüística, competencia social, cultural, artística...).
Por provincias, 162 dos centros integrados no programa son da Coruña (24 de nova incorporación este curso), 60 de Lugo (cinco novos), 54 de Ourense (seis novos) e 155 de Pontevedra (18 novos). Cada un deles ten asignada unha contía de entre 600 e 1.235€, en función do tipo de centro e do proposta presentada, para destinar fundamentalmente á adquisición de libros para as actividades do club, que pasarán posteriormente aos fondos da biblioteca escolar, así como para gastos derivados do funcionamento do club.
Compartir experienciasPoñer en marcha un club de lectura nun centro educativo consiste, basicamente, en promover a participación dun grupo de alumnado para compartir as súas experiencias lectoras, coa mediación dun adulto que conduza todo o proceso.
Normalmente estes clubs de lectura -cuxo espazo natural son as bibliotecas escolares- vense enriquecidos polo emprego das tecnoloxías da información e a comunicación (que contribúen á lectura en diversos soportes, permiten introducir as narrativas transmedia e facilitan a difusión de actividades), así como pola participación de adultos da comunidade educativa que propician o intercambio de experiencias interxeracionais.
Ademais da dinamización a prol da lectura e ámbitos de aprendizaxe de competencias clave para a vida, os Clubs de Lectura tamén están concibidos como espazos de convivencia e de educación cidadá.
Centros de nova incorporaciónOs 53 centros de nova incorporación este curso son os reflectidos na seguinte táboa:
Provincia
Concello
Centro
A Coruña
A Coruña
CEE Nosa Señora do Rosario
A Coruña
A Coruña
CEIP Plurilingüe María Barbeito e Cervino
A Coruña
A Coruña
CEIP Rosalía de Castro
A Coruña
A Coruña
CIFP Paseo das Pontes
A Coruña
A Coruña
IES Fernando Wirtz Suárez
A Coruña
Betanzos
IES As Mariñas
A Coruña
Boimorto
CPI Armando Cotarelo Valledor
A Coruña
Boiro
CEIP Santa Baia
A Coruña
Boiro
IES A Cachada
A Coruña
Boqueixón
CPI Plurilingüe Antonio Orza Couto
A Coruña
Camariñas
CEIP Plurilingüe de Ponte do Porto
A Coruña
Carballo
CEIP Bergantiños
A Coruña
Carballo
CEIP Plurilingüe A Cristina
A Coruña
Fene
IES de Fene
A Coruña
Ferrol
CEIP de Pazos-Mestre García Niebla
A Coruña
Muros
CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío
A Coruña
Muxía
IES Ramón Caamaño
A Coruña
Noia
IES Virxe do Mar
A Coruña
Ordes
CEIP de Mesón do Vento
A Coruña
Ponteceso
CRA Nosa Señora do Faro
A Coruña
Ribeira
CEIP Plurilingüe O Grupo
A Coruña
Rois
CEIP Plurilingüe de Pumar-Urdilde
A Coruña
Santiago de Compostela
CEIP Arquitecto Casas Novoa
A Coruña
Santiago de Compostela
CEIP Pío XII
Lugo
Cospeito
CEIP Plurilingüe de Muimenta
Lugo
Lugo
CEE Santa María
Lugo
Lugo
CEIP Sagrado Corazón
Lugo
Monforte de Lemos
IES Francisco Daviña Rey
Lugo
Pantón
CEIP Plurilingüe Monte Baliño
Ourense
Leiro
CEIP Emilia Pardo Bazán
Ourense
O Barco de Valdeorras
CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas
Ourense
Os Blancos
CEIP Plurilingüe dos Blancos
Ourense
Ourense
CEIP Plurilingüe Albino Núñez
Ourense
Ourense
CEIP Plurilingüe Inmaculada
Ourense
Ourense
CIFP A Farixa
Pontevedra
A Lama
CEIP A Lama
Pontevedra
Barro
IES de Barro
Pontevedra
Cambados
IES Francisco Asorey
Pontevedra
Lalín
CEIP Xesús Golmar
Pontevedra
Meaño
CEIP Plurilingüe de Meaño-As Covas
Pontevedra
Nigrán
CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios
Pontevedra
O Grove
CEIP Rosalía de Castro
Pontevedra
Oia
CEIP Mestre Manuel García
Pontevedra
Ponte Caldelas
CEIP Manuel Cordo Boullosa
Pontevedra
Ponteareas
CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera
Pontevedra
Pontevedra
CEIP Plurilingüe Praza de Barcelos
Pontevedra
Pontevedra
IES Frei Martín Sarmiento
Pontevedra
Redondela
IES de Chapela
Pontevedra
Salvaterra de Miño
CEIP Plurilingüe de Leirado
Pontevedra
Salvaterra de Miño
IES de Salvaterra de Miño
Pontevedra
Valga
IES Plurilingüe de Valga
Pontevedra
Vigo
CEIP de Coutada-Beade
Pontevedra
Vigo
CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Proposta provisional de adxudicación de mobilidades. Persoal Erasmus+ KA131-HED-000064182
Publícase a proposta provisional de adxudicación de mobilidades de persoal convocadas pola Resolución do 27 de decembro de 2023 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se establece o procedemento para a tramitación de mobilidades de profesorado de ciclos formativos de grao superior de Formación Profesional dos centros educativos que forman parte do consorcio do proxecto 2022-1-ES01-KA131-HED-000064182 e persoal da Dirección Xeral de Formación Profesional.
O prazo de presentación de reclamacións ou renuncias será de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ao desta publicación.
Tema:
Programas e plans Programas europeos e internacionais ErasmusEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo Servizo de Relación co Sistema Produtivo, Orientación e Inserción LaboralColectivo:
Profesorado CentrosListaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas da convocatoria dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2023 nas universidades do SUG
Xúntanse as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas, e os motivos de exclusión referentes á convocatoria dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2023 nas universidades do Sistema universitario de Galicia (código de procedemento ED415A) publicada no DOG do 29 de xaneiro de 2024.
Anuncio principal:
Convocatoria dos premios fin de carreira para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2023 nas universidades do Sistema universitario de GaliciaTema:
Premios autonómicosEnsinanza:
UniversidadeDepartamento:
Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Universidades Servizo de Apoio e Orientación ao Alumnado UniversitarioColectivo:
AlumnadoConvocatoria do VI Concurso de Podcasts – Radio na biblio
Xúntase arquivo coa Resolución do 22 de marzo de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca o VI Concurso de Podcasts – Radio na biblio, destinado a centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, en colaboración coa Radio Galega (CRTVG), no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe) para o curso 2023/24. Poderán participar neste concurso centros integrados ou non no programa Radio na biblio. Esta proposta está vinculada á celebración do Día das Letras Galegas 2024, dedicado este ano á figura de Luisa Villalta.
- O prazo de presentación dos traballos e da documentación complementaria comezará ao día seguinte da súa publicación e rematará o 15 de abril de 2024.
File:
Resolución do 22 de marzo de 2024: ConvocatoriaTema:
Programas e plans Plan LÍA Bibliotecas escolaresEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especialDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación EducativaColectivo:
Profesorado Alumnado CentrosSección:
Boletín Portada de boletínConvocatoria dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2022/23
Xúntase a Orde do 12 de marzo de 2024 pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2022/23 (código de procedemento ED311B).
- O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
File:
Orde do 12 de marzo de 2024 (DOG) Extracto da Orde do 12 de marzo de 2024 (DOG)Servizo relacionado:
Premios ao alumnadoTema:
Axudas e premios Premios autonómicosEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Servizo de Avaliación do Sistema EducativoColectivo:
Alumnado Familias CentrosSección:
Boletín Portada de boletínCarnés profesionais. Listaxe provisional de solicitudes. Primeira convocatoria 2024
Publicada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas da primeira convocatoria 2024 de probas de carnés e habilitacións profesionais.
Contra esta listaxe poderase presentar reclamación ata o día 8 de abril de 2024.
Tema:
Información xeralEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo:
Alumnado Centros EmpresasO uso da tecnoloxía na aula, a intelixencia artificial e a psicoloxía centran o Ciclo de Cultura Científica da Xunta
Summary:
Baixo o título ‘Tecnoloxía con sentidiño’, o 4 de abril comeza o ciclo de charlas con Héctor Ruíz Martin, investigador e director da 'International Science Teaching Foundation'
Tamén participan Luis Sánchez Santos, Laura Espido Freire, José César Perales, Juanjo Montiel Pérez, Javier Saéz de los Terreros e Francisco Bellas Bouza
As conferencias, dirixidas a público en xeral, poden seguirse de forma presencial no Gaiás e na canle de YouTube da Consellería de Educación
Idioma GallegoA Xunta de Galicia lanza a segunda edición do Ciclo de Cultura Científica dirixida a público en xeral, comunidade educativa e aos docentes. Baixo o título Tecnoloxía con sentidiño, a partir do 4 de abril abordaranse varias temáticas en torno a o eixo común da tecnoloxía, como o uso da mesma nas aulas, a súa relación coa saúde infanto-xuvenil e a psicoloxía ou a Intelixencia Artificial, entre outros.
A Xunta organiza este ciclo nun momento no que o uso da tecnoloxías é motivo de debate, tamén no ámbito do ensino. O obxectivo é ofrecer certezas e contribuír a unha reflexión seria e documentada, con expertos do maior nivel, e baseada en investigacións.
Poderán seguirse de forma presencia no auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia, de 18,00 a 19,30 h., e tamén serán retransmitidas en streaming na canle de YouTube da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
ProgramaNa primeira das sesións, o 4 de abril, Héctor Ruíz Martin, investigador e director da International Science Teaching Foundation, impartirá o relatorio Que nos di a investigación sobre o uso da tecnoloxía na aula?.
Pola súa banda, a escritora e columnista Laura Espido Freire será a encargada, o 22 de abril, da intervención Palabras e pensamento: a ciencia e o seu fio narrativo.
Xa en maio, o día 2, José César Perales, catedrático de Psicoloxía experimental da Universidade de Granada, afondará nos Mitos e evidencias sobre o uso intensivo de dispositivos e aplicación na rede; mentres que o día 16 Juanjo Montiel Pérez, enxeñeiro senior de software de Microsoft, aportará unha ollada desde a discapacidade e a plena integración da tecnoloxía na conferencia Tecnoloxía e accesibilidade.
O 28 de maio, Javier Saéz de los Terreros, responsable da comunicación dixital do Museo del Prado en Madrid, descubrirá aos asistentes como achegar a tecnoloxía cara un público que non visita os museos co relatorio Estratexias de comunicación dixital. As redes sociais do Museo do Prado.
O 4 de xuño será a quenda de Francisco Bellas Bouza, investigador e especialista en Intelixencia artificial do CITIC da Universidade da Coruña e do Centro de Innovación Educativa e Dixital, quen abordará o impacto das novas tecnoloxías na sociedade con Educación na era da Intelixencia Artificial: vaiamos a modo.
A última conferencia desenvolverase en xuño, con data aínda por fixar, da man de Luis Sánchez Santos, profesional sanitario do Sergas. Achegará unha visión desde a pediatría e as Ciencias da saúde co relatorio Cruzando saúde infanto-xuvenil e tecnoloxía.
Os docentes asistentes ao ciclo completo recibirán un certificado de 12 horas de formación do profesorado. Coas charlas configurarase un libro, cun artigo específico para cada unha delas. O libro que versa sobre o ciclo celebrado en 2023, baixo o título Ciencia parece pero non é, presentarase o vindeiro 4 de abril, na primeira das sesións.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesProbas de certificación polo réxime oficial nas escolas oficiais de idiomas
Na Instrución 1/2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional, regúlanse as probas de certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial polo réxime oficial para o curso 2023/24.
Prazo de inscrición (alumnado CALC, CALG, CUALE, ExamPrep): do 8 ao 12 de abril de 2024
Máis información: Instrución 1/2024
Tema:
Información xeralEnsinanza:
Ensinanzas de idiomas de réxime especialDepartamento:
Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
Alumnado CentrosSección:
Boletín Portada de boletínRueda salienta que a gratuidade da matrícula universitaria demostra o compromiso da Xunta por un ensino accesible que recoñece o esforzo e a excelencia
Summary:
Concedéronse premios a 430 alumnos e alumnas de diferentes titulacións de grao das tres universidades galegas, que obtiveron as mellores cualificacións durante o ano académico 2021/2022
Idioma GallegoO presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, salientou hoxe que a medida de gratuidade da primeira matrícula en todos os cursos universitarios en Galicia demostra o compromiso do Goberno galego por un ensino accesible que recoñece o “esforzo”, a “preparación” e a “excelencia” do alumnado galego.
“É o xusto”, argumentou o mandatario galego en funcións sobre esta gratuidade que se implantará xa en setembro. Nese senso, defendeu que o deber das administracións é “poñerllo máis fácil” ao alumando que se esforza para que poida acadar a mellor formación posible. Nesta liña, ademais da gratuidade da matrícula universitaria, tamén salientou a conxelación das taxas universitarias en Galicia desde hai 13 anos, unha medida que non se dá “en ningún sitio de España”.
Rueda puxo en valor estas decisións do Goberno galego durante o acto de entrega dos Premios Excelencia Académica, que este ano levan por primeira vez o nome da mestra e inventora Ángela Ruíz Robles. Estas galardóns están impulsados pola Xunta para recoñecer aos mellores expedientes da universidade galega, situándose este ano todos por riba do 8 de media.
“Sodes o futuro de Galicia”En total, concedéronse premios a 430 alumnos e alumnas de diferentes titulacións de grao das tres universidades galegas, e que obtiveron as mellores cualificacións durante o ano académico 2021/2022.
Neste senso, Rueda considerou “merecido” este tipo de recoñecementos. “Isto dura apenas unha hora, pero detrás hai moitísimas horas e anos de esforzo e tamén de renuncias”, valorou sobre o traballo e a dedicación do alumnado premiado, aos que lle deu os parabéns. “Sodes o futuro de Galicia e Galicia depende en gran parte do voso esforzo”, asegurou para concluír.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesEducación analiza coa Xunta Autonómica de Directores as probas de diagnóstico fixadas para toda España polo Ministerio a través da Lomloe
Summary:
O secretario xeral técnico e a directora de Ordenación e Innovación Educativa informaron das mesmas, que serán o 10 e 11 de abril para 4º de Primaria e 2º de ESO
As probas, seguindo a lei educativa estatal, terán carácter orientador para o centro, que terá información sobre os resultados acadados
Idioma GallegoA Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades vén de analizar coa Xunta Autonómica de Directores as probas de avaliación de diagnóstico que se aplicarán en toda España para 4º curso de Primaria e 2º curso de ESO, tal e como fixou o Ministerio de Educación a través da actual lei educativa Lomloe.
O secretario xeral técnico da Consellería, Manuel Vila, e a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, reuníronse cos representantes dos directores de colexios e institutos para informar sobre o proceso, que en Galicia será os días 10 e 11 de abril, así como para resolver as posibles dúbidas.
Estas probas teñen un carácter informativo, formativo e orientador para os centros, que recibirán un informe de resultados sobre o conxunto do seu alumnado por nivel e por competencia avaliada. Non é, por tanto, unha avaliación de alumno, polo que non haberá datos nin cualificacións individuais. A información obtida ten unha finalidade estritamente diagnóstica, xa que os datos obtidos proporcionan unha información complementaria tanto aos centros como á Administración para deseñar accións específicas de mellora do sistema educativo.
Canto a contidos, avaliaranse as competencias matemática e en comunicación lingüística en Lingua Galega e Literatura, en Lingua Castelá e Literatura e en Lingua Estranxeira (que pode ser alemán, francés, inglés ou portugués, en función da lingua de escolla en cada centro).
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesPublicación da adxudicación definitiva do concurso de traslados (ED012A)
Xúntase a Resolución do 22 de marzo de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación (código de procedemento ED012A).
Contra esta resolución definitiva, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun mes ou directamente un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso administrativo que sexa competente, ambos os dous casos contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Anuncio principal:
Concurso xeral de traslados dos corpos de persoal docente non universitario dependente da Consellería competente en materia de educación 2023Servizo relacionado:
CXTTema:
Concurso de trasladosEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación de persoas adultasDepartamento:
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesColectivo:
ProfesoradoMáis de 2.000 profesores e 300 centros intercambian boas prácticas con 14 comunidades e países estranxeiros grazas á Xunta
Summary:
A Consellería de Educación impulsa desde case hai dez cursos un modelo baseado na observación do traballo que se fai na aula entre centros de dentro e de fóra de Galicia
Trátase dunha das vías de formación mellor valoradas polos docentes para coñecer outras realidades educativas que poden aplicar despois nos seus colexios e institutos
Idioma GallegoTras preto dunha década de funcionamento, o programa Observa_Acción, de formación e intercambio de boas prácticas educativas, consolídase con máis de 2.000 profesores e 307 centros participantes. Esta iniciativa impulsada pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades fomenta a aprendizaxe conxunta entre o profesorado a través do intercambio de experiencias e a observación entre iguais.
O programa, que se enmarca nas accións de formación do profesorado do Goberno galego, implantouse por primeira vez, con carácter experimental, no curso 2016-17, con seis centros e 30 profesores. Instaurábase así unha nova vía de innovación educativa con intercambios entre docentes de distintos centros co fin de facilitar que observaran de forma directa metodoloxías, enfoques didácticos nos procesos de ensino-aprendizaxe, formas de relación e comunicación ou vías de xestión dos recursos propios e alleos que se desenvolven en colexios e institutos diferentes ao seu, fomentando a aplicación do aprendido despois nas súas aulas.
A Consellería de Educación deu conta ao Consello da Xunta da evolución do programa, que foi medrando de xeito exponencial ata acadar os 142 centros e 1.276 profesores participantes no actual curso 2023-24, cifra que se eleva a 307 centros e 2.031 docentes se se ten en conta todo o período de funcionamento desde o ano 2016.
Este modelo de formación baseado na observación tanto a nivel interno dos propios centros como en colaboración con outros de dentro e de fóra da Comunidade galega é unha das ferramentas formativas máis valoradas polo profesorado, que a consideran unha oportunidade valiosa para aprender novas estratexias de ensinanza, novos enfoques pedagóxicos e xestión da aula.
Internacionalización e estrutura do programaAdemais, favorece a internacionalización na medida en que se abren as portas a proxectos transfronteirizos, tecendo redes de intercambio tanto entre docentes como entre equipos directivos de centros con proxectos comúns que propician o apoio mutuo e permanente.
Estrutura do programaO programa estrutúrase en tres tipos de actuacións: o intercambio de boas prácticas profesionais, onde tanto os docentes como os centros intercambian información sobre as súas boas prácticas metodolóxicas ou organizativas; a formación entre compañeiros, onde os profesores que visitan e observan forman aos compañeiros dos centros visitados, e observación baseada no Job Shadowing ou período de observación profesional, que proporciona o achegamento a outras metodoloxías a través da observación e a reflexión conxuntas.
Todo iso organízase nun itinerario ao longo de dous cursos escolares. O primeiro é a fase 1, a autonómica, de carácter obrigatorio para todos os centros participantes. Esta fase divídese á súa vez na etapa Comparte, de observación entre docentes do mesmos centro educativo, e a etapa Acolle, de observación entre centros da nosa comunidade.
No segundo curso desenvólvese a fase 2, interautonómica e internacional e voluntaria para os centros que o elixan. Neste período ten lugar a etapa Conecta, de observación entre centros da nosa Comunidade e de sete comunidades autónomas (Castela e León, Madrid, Estremadura, Aragón, A Rioxa, Murcia e Cantabria) e a etapa Internacionaliza, de observación con centros doutros tantos países da Unión Europea (Escocia, Francia, Portugal, Italia, Finlandia, Estonia e Lituania, entre outros) a través do intercambio de experiencias e a observación con 14 comunidades autónomas e países estranxeiros.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesResultado avaliación final GPC 2021
Anuncio principal:
Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i para o 2021Tema:
BolsasEnsinanza:
UniversidadeDepartamento:
Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria Servizo de Planificación e Estruturación da InvestigaciónColectivo:
AlumnadoResultado avaliación final GRC 2020
Anuncio principal:
Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i para o 2020Tema:
BolsasEnsinanza:
UniversidadeDepartamento:
Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria Servizo de Planificación e Estruturación da InvestigaciónColectivo:
AlumnadoResolución provisional de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa durante o curso 2023/24 coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras
Xúntase Resolución provisional da Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras (código de procedemento ED504E).
Anuncio principal:
Axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa para mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeirasTema:
Axudas e premios Lingua estranxeira Programas e plans Auxiliares de conversa Centros concertadosEnsinanza:
Educación primaria Educación secundaria obrigatoriaDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación EducativaColectivo:
CentrosSección:
Linguas estranxeirasResolución provisional das axudas a centros privados concertados para a realización de probas de nivel lingüístico para o alumnado que realice os seus estudos no curso 2023/24
A exposición abrirá un prazo de dez días hábiles para efectuar reclamacións ou renuncias á concesión das axudas ante a persoa que exerza a presidencia da Comisión.
Anuncio principal:
Orde do 11 de xaneiro de 2024 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a realización de probas de nivel lingüístico para o alumnado que realice os seus estudos no curso 2023/24Tema:
Bolsas Lingua estranxeira Centros concertadosEnsinanza:
Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación EducativaColectivo:
CentrosSección:
Linguas estranxeirasLista definitiva de solicitudes admitidas das Axudas para completar a etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, convocatoria para o ano 2024
Anuncio principal:
Axudas para completar a etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, convocatoria para o ano 2024Tema:
BolsasEnsinanza:
UniversidadeDepartamento:
Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria Servizo de Xestión Científico-TecnolóxicaColectivo:
AlumnadoA Xunta destina máis de 700.000€ a apoiar que o alumnado de FP realice as súas prácticas fóra de España ao abeiro do programa Erasmus+
Summary:
Os estudantes poderán realizar mobilidades tanto nos países europeos pertencentes ao programa como nos asociados ao proxecto, fóra de Europa
A contía da axuda, que inclúe tanto a realización da viaxe como a estadía, oscilará en función da distancia, o país de destino e o número de días que dure a mobilidade
Idioma GallegoA Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vén de publicar a convocatoria de mobilidades Erasmus+ para alumnado de ciclos de grao básico e medio de Formación Profesional, ao abeiro do programa KA121, e de grao superior, ao abeiro do programa KA131. O obxectivo é que o alumnado poida realizar formación práctica fóra de España, o que repercutirá positivamente tanto na súa competencia en linguas estranxeiras como na mellora da súa cualificación.
O departamento educativo da Xunta de Galicia destina así máis de 700.000€ a apoiar a participación dos estudantes galegos nestas experiencias. En ambos os casos, a contía da axuda para cada alumno, que inclúe tanto a realización da viaxe como a estadía, oscilará en función da distancia, o país de destino e o número de días que dure a mobilidade. Increméntanse as contías da axuda para a viaxe e as axudas individuais, dependendo do proxecto, para favorecer a inclusión de participantes con menos oportunidades.
O alumnado que reúna os requisitos para participar nestas convocatorias presentará no seu centro educativo a solicitude, nos prazos que o centro estableza. Serán os centros os que remitan a documentación á Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades para a tramitación da axuda.
FP Básica e grao medioNo caso dos alumnos de FP Básica e de grao e medio, os estudantes poderán realizar a mobilidade tanto nos 33 países europeos pertencentes ao programa, como nalgún dos 169 países non asociados ao programa, repartidos entre os cinco continentes.
Poderán concorrer a esta convocatoria as persoas matriculadas durante o curso 2023/24 nun ciclo formativo de grao básico ou grao medio de FP ou nun curso de especialización de FP de grao medio, nalgún dos 80 centros educativos que participan no proxecto KA 121. Ademais, deben estar en condicións de acceder á realización da Formación en Centros de Traballo (FCT) antes do comezo da mobilidade. Tamén poden participar as persoas que titularan nalgunha das devanditas titulacións neses centros durante os 12 meses anteriores á finalización da mobilidade prevista.
Ao abeiro destas axudas, os estudantes poderán realizar mobilidades educativas de curta duración (10 a 89 días) e de longa duración (90 a 365 días). En calquera caso, a estadía no estranxeiro dedicarase a realizar prácticas formativas relacionadas coas ensinanzas cursadas nunha empresa ou noutra organización activa no ámbito da FP.
Ciclos de grao superiorNo caso do programa KA131, para alumnos de ciclos de grao superior, hai dous tipos de mobilidades. As de longa duración para formación práctica (dous a 12 meses) permiten a realización de períodos de formación práctica no estranxeiro nunha empresa, un instituto de investigación, un laboratorio, unha organización ou calquera outro lugar de traballo. Estas estadías poderán realizarse en países da UE e nalgúns países fóra dela.
As combinadas inclúen unha mobilidade física de curta duración (cinco a 30 días) para a realización dos devanditos períodos de formación práctica e unha compoñente virtual obrigatoria que facilite o intercambio educativo e o traballo en equipo en liña de maneira colaborativa. Esta compoñente poderá ter lugar antes ou despois da mobilidade física. Estas estadías poderán realizarse en países de todo o mundo.
Poderá participar o alumnado matriculado durante os cursos 2023/24 ou 2024/25 nun ciclo formativo de grao superior de FP ou nun curso de especialización de Formación Profesional de grao superior nalgún dos 43 centros que participan no proxecto KA 131. Deben estar en condicións de acceder á realización da Formación en Centros de Traballo (FCT) ou de realizar un período de formación en empresa antes do comezo da mobilidade. Tamén poden participar as persoas que titularan nalgunha das devanditas titulacións neses centros durante os 12 meses anteriores á finalización da mobilidade prevista.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesA Xunta destaca o bo exemplo do equipo monfortino gañador do certame nacional ‘Coñecementos financeiros’
Summary:
A directora xeral de Ordenación e Innovación educativa da Consellería de Educación transmítelles as felicitacións do Goberno galego a estes rapaces do Instituto IES Río Cabe “por ter superado este reto co mellor resultado”
Proclamáronse gañadores tras superar unha disputada final que consistiu nun concurso de preguntas e respostas fronte a outro centro de Cáceres
Idioma GallegoA directora xeral de Ordenación e Innovación educativa, Judith Fernández, visitou hoxe aos membros do equipo do Instituto IES Río Cabe de Monforte de Lemos gañador do concurso nacional Coñecemento financeiros, organizado polo Banco de España e a Comisión Nacional do Mercado de Valores.
A representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades transmitiulles as felicitacións da Xunta “por ter superado co mellor resultado este reto, no que non só tiveron que amosar unha gran solvencia a nivel de coñecementos, senón a capacidade de facer fronte aos nervios”. “Sodes un exemplo para os voso compañeiros”, afirmou.
Non en balde, o equipo monfortino proclamouse gañador tras superar unha disputada final que consistiu nun concurso de preguntas e respostas sobre cuestións financeiras no que se enfrontaron ao Colexio Santísima Trinidad, de Plasencia (Cáceres). Ademais dunha tablet para cada integrante do equipo, o centro recibiu 3.000€ para material escolar.
Precisamente co gallo deste triunfo, a OCDE decidiu celebrar o primeiro acto da 12ª edición da Global Money Week no Instituto IES Río Cabe, cun taller sobre cultura financeira. O obxectivo deste campaña mundial é fomentar a educación financeira, unha liña de actuación que tamén desenvolve a Xunta de Galicia con formación específica para os docentes e unha materia na ESO.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesRelación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de PES (590)
Xúntase a Resolución do 18 de marzo de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590)(Código de procedemento ED003A).
- As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o trámite de "recurso de reposición" incardinado no procedemento normalizado ED003A.
- Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.
- Achégase resolución definitiva, baremo definitivo e a relación definitiva de persoas excluídas.
Anuncio principal:
Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) (código de procedemento ED003A)Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
Profesorado- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- seguinte ›
- última »
Últimos artigos
Frases
Albert Einstein