![](http://www.edu.xunta.gal/centros/sfateproject/system/files/images/h1_gl.png)
![](http://www.edu.xunta.gal/centros/sfateproject/system/files/images/h2_gl.png)
![](http://www.edu.xunta.gal/centros/sfateproject/system/files/images/h3_gl.png)
4ª Reunión Transnacional:Naklo
![](https://www.edu.xunta.gal/centros/sfateproject/gl/system/files/s3.jpg?1550505727)
Durante as xornadas deste encontro, organizado polo Centro de Formación Biontecnical de Naklo (Eslovenia), os socios do proxecto estiveron ultimando diferentes aspectos relacionados coa finalización da plataforma SFATE para o seu lanzamento público. Dita plataforma estará dispoñible en seis idiomas diferentes: inglés, francés, alemán, español e galego e terá diferentes formas de entrada dependendo dos intereses dos usuarios. Contará ademais coa presentación das tecnoloxías a través de fichas específicas para cada unha delas, con vídeos ilustrativos e con empregos e formación vinculadas ás mesmas.
O socio esloveno presentou tamén as instalacións das que dispoñen para as formacións, entre as que destacan a formación agrogandeira, a transformación de leite, a produción vexetal e elaboración de conservas, a maior parte en produción ecolóxica. Contan ademais cunha rede local de produtores cos que traballan para a comercialización destes produtos.