![](http://www.edu.xunta.gal/centros/sfateproject/system/files/images/h1_gl.png)
![](http://www.edu.xunta.gal/centros/sfateproject/system/files/images/h2_gl.png)
![](http://www.edu.xunta.gal/centros/sfateproject/system/files/images/h3_gl.png)
Sfate News
Xornada de revisión do proxecto Sfate
![](https://www.edu.xunta.gal/centros/sfateproject/gl/system/files/xrev.jpeg?1550505339)
O día 25 de outubro tivo lugar no CIFP Politécnico de Santiago unha xornada de análise dos avances do proxecto Erasmus+ KA2, SFATE (Smart fFarm Training for Employment), así como de revisión do resultado final do mesmo: a creación do portal Smart Farming.
5ª Reunión Transnacional (Final Meeting): Santiago de Compostela
![](https://www.edu.xunta.gal/centros/sfateproject/gl/system/files/ndice_1.jpeg?1550505844)
Os pasados 13 e 14 de novembro, o Comité Directivo do proxecto europeo Erasmus+, KA2, SFATE (Smart Farm Training for Employment) reuniuse no CIFP Politécnico de Santiago, con motivo de analizar os resultados acadados no proxecto e definir os pasos finais do mesmo.
4ª Reunión Transnacional:Naklo
![](https://www.edu.xunta.gal/centros/sfateproject/gl/system/files/s3.jpg?1550505727)
Os días 5 e 6 de xullo tivo lugar en Naklo (Eslovenia), o cuarto encontro transnacional do proxecto coordinado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, SFATE, desenvolvido no marco do programa Erasmus+ KA2.
3ª Reunión Transnacional: Marburg
![](https://www.edu.xunta.gal/centros/sfateproject/gl/system/files/m1.jpg?1550505615)
Os días 31 de xaneiro ao 1 de febreiro tivo lugar en Marburg (Alemaña) un novo encontro transnacional do proxecto coordinado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, SFATE, desenvolvido no marco do programa Erasmus+ KA2.
Celebración do Evento Multiplicador en Santiago de Compostela
![](https://www.edu.xunta.gal/centros/sfateproject/gl/system/files/ndice_0.jpeg?1550505510)
O pasado 23 de novembro tivo lugar no salón de actos do CIFP Compostela o evento multiplicador do proxecto europeo Erasmus+ KA202, Sfate. Smart Farm Training for Employment.
2ª Reunión Transnacional: Caen
![](https://www.edu.xunta.gal/centros/sfateproject/gl/system/files/ndice.jpeg?1550504654)
Os días 10 a 13 de xullo, tivo lugar en Caen (Francia), o segundo encontro transnacional do proxecto Sfate no marco do programa Erasmus+ KA2. Á cita acudiu a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, socio coordinador do proxecto, xunto co resto dos socios de Sfate co obxectivo de levar a cabo diferentes visitas relacionadas co smartfarming na agricultura da rexión da Normandía:
1ª Reunión transnacional SFATE (reunión de lanzamento -Kick off meeting-): Santiago
![](https://www.edu.xunta.gal/centros/sfateproject/gl/system/files/encontro_santiago_01.jpg?1550504152)
Os día 21 e 22 de febreiro de 2017 tivo lugar no MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia) de Santiago de Compostela o lanzamento do proxecto europeo SFATE (SMART FARMING TRAINING FOR EMPLOYMENT), no marco do programa Erasmus+ KA2.