Skip to Content

Taboleiro

Libros de texto e material - Curso 2024-2025

Libros de texto e material da ESO:

Libros de texto de Bacharelato:

 

Fin de curso - Entrega de notas

ENTREGA DE NOTAS E DOCUMENTACIÓN DE MATRÍCULA: Día 25 ás 13.30hs nas aulas de grupos.

RECOLLIDA DE ORDENADORES EDIXGAL (só alumnado que abandona o centro): día 18 (4ºESO) e 26 de xuño (resto de alumnado que abandona o centro).

REVISIÓN DE CUALIFICACIÓNS: 26 de xuño de 10.00hs. a 13.00hs.  O alumnado e os seus titores legais poderá solicitar as aclaracións que precise sobre as cualificacións da avaliación final, ou extraordinaria no caso de bacharelato.

RECLAMACIÓNS: 26 e 27 de xuño (ata as 14.00hs.). Se persiste o desacordo coa cualificación final ou coa decisión de promoción/titulación, o alumnado ou os seus titores legais poderán solicitar por escrito a revisión da cualificación e/ou a decisión de promoción/titulación.

RESOLUCIÓN DAS RECLAMACIÓNS:  28 de xuño ás 13.00hs. na secretaría do centro.

RECLAMACIÓNS Á XEFATURA TERRITORIAL: Tras o proceso de revisión no centro, de persistir o desacordo, solicitude por escrito para que se eleve a reclamación á Xefatura Territorial. 1e 2 de xullo,  na secretaría do centro (9.00 a 14.00hs)

 

1º BACHARELATO - AVALIACIÓN ORDINARIA

Entrega de notas: no salón de actos o 10 de xuño de 2024 ás 18,00hs.

Atención ao alumnado (revisión de cualificacións): 11 de xuño - horario específico para cada profesor/a.

Reclamacións: 11 e 12 de xuño, ata as 14,00hs. na secretaría do centro previa consulta á dirección do centro.

Axudas material escolar. Curso 2024/2025

Prazo de presentación de solicitudes. ata o 21/06/2024

Dado que o centro forma parte do Proxecto E-Dixgal en toda a ESO para o curso 2024/25, non haberá fondo solidario de libros de texto. Non obstante, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde. Este centro facilitará ordenadores a todo o alumnado da ESO.

O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2024/25 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde.

As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional.

 As listaxes definitivas publicaranse o 26 de xullo de 2024 como data límite.

Prematrícula/reserva de opcións de matrícula

O alumnado poderá reservar as súas opcións de matrícula para o vindeiro curso cubrindo os seguintes formularios:

Alumnado de 1º ESO - Reserva de opcións para 2º ESO

Alumnado de 2º ESO - Reserva de opcións para 3º ESO

Alumnado de 3º ESO - Reserva de opcións para 4º ESO

Alumnado de 4º ESO - Reserva de opcións para 1º BAC

Alumnado de 1º BAC - Reserva de opcións para 2º BAC

 

Os datos recollidos nos formularios son provisionais. Unha vez rematado o curso procederase á matrícula definitiva.

Axudas alumnado actividades de formación en linguas extranxeiras 2024

 

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

Requisitos de participación:

  • Estar cursando Bacharelato durante o curso 2023/24.
  • Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2022/23.
  • Ter acadado no curso 2022/23, na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía, unha cualificación mínima de 6 no 4º curso de ensinanza secundaria obrigatoria para as prazas convocadas para o 1º curso de bacharelato e de 6 no 1º curso de bacharelato para as prazas convocadas para o 2º curso de bacharelato.
  • Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
  • Non estar incurso, nin o/a solicitante nin as persoas representantes/membros da unidade familiar, nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Estar en posesión de DNI, NIE ou pasaporte.

As axudas poderán ser solicitadas polos pais, nais ou titor/a legal, no caso do alumnado menor de idade, ou polo propio alumnado se é maior de 18 anos, sempre que conten con domicilio no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia

  https://www.edu.xunta.gal/axudasle/ 

Prazo aberto do 13 de febreiro ao 12 de marzo de 2024 (incluído).

Preme para consultar o cartel informativo

Distribuir contido


by Dr. Radut