Skip to Content

Axudas alumnado actividades de formación en linguas extranxeiras 2024

 

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

Requisitos de participación:

  • Estar cursando Bacharelato durante o curso 2023/24.
  • Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2022/23.
  • Ter acadado no curso 2022/23, na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía, unha cualificación mínima de 6 no 4º curso de ensinanza secundaria obrigatoria para as prazas convocadas para o 1º curso de bacharelato e de 6 no 1º curso de bacharelato para as prazas convocadas para o 2º curso de bacharelato.
  • Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
  • Non estar incurso, nin o/a solicitante nin as persoas representantes/membros da unidade familiar, nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Estar en posesión de DNI, NIE ou pasaporte.

As axudas poderán ser solicitadas polos pais, nais ou titor/a legal, no caso do alumnado menor de idade, ou polo propio alumnado se é maior de 18 anos, sempre que conten con domicilio no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia

  https://www.edu.xunta.gal/axudasle/ 

Prazo aberto do 13 de febreiro ao 12 de marzo de 2024 (incluído).

Preme para consultar o cartel informativo

PROGRAMA YAM - YOUTH AWARE OF MENTAL HEALTH

YAM é un programa escolar dirixido á mocidade entre 13 e 17 anos no que aprende e debate sobre saúde mental, que se implantará en todos os centros educativos de Galicia nos vindeiros anos e se inicia no curso 20232-2024 nunha serie de centros seleccionados.

No curso actual o IES Xograr Afonso Gómez de Sarria foi seleccionado como grupo control para participar no programa YAM co alumnado de 3º da ESO polo que o martes 16 de xaneiro ás 17.30hs terá lugar unha sesión informativa a cargo do persoal de dito programa no Salón de Actos do Centro para as familias do alumnado de 3º da ESO.

Nas seguintes ligazóns teñen toda a información relativa ao programa YAM.

Cartaz

Díptico

Web programa YAM

Folla informativa para proxenitores

Consentimento informado

Consentimento para envío de datos a FSE (Fondo Social Europeo)

Resolución de dúbidas no enderezo electrónico: yam@sergas.es

Probas de nivel lingüístico alumnado de 4º ESO e Bacharelato

Publicada a Resolución do 29 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula a xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado que curse estudos durante o curso 2023/24 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

O obxectivo principal destas probas é acreditar a competencia en lingua estranxeira do alumnado, nos niveis de competencia B1, B2 ou C1, descritos no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas do Consello de Europa (MCERL), segundo corresponda.

As probas que realizará o alumnado serán do nivel B1, B2 ou C1 (segundo decida o alumnado coa orientación do seu profesorado de lingua estranxeira), e terá que ser unha das probas recollidas no anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería, ou proba análoga que conte co mesmo recoñecemento internacional e siga os mesmos estándares de calidade.

As probas realizaranse durante o curso 2023/24

Unha vez publicada a resolución definitiva de centros seleccionados, se a dotación económica que recibe o centro educativo non fose suficiente para cubrir todas as demandas de alumnado interesado, os centros educativos seleccionarán o alumnado participante nestas probas segundo criterios transparentes, públicos e obxectivos dos que se informará ao claustro e que se aprobarán no consello escolar.

Cada alumno ou alumna poderá matricularse nunha única proba dunha lingua estranxeira, que será, preferentemente a que curse como primeira lingua estranxeira

Todos os centros solicitantes que cumpran cos criterios de participación indicados na resolución serán seleccionados. Os centros non poderán percibir unha asignación superior ao número total de alumnado interesado

Co fin de identificar ao alumnado susceptible de participar nas probas precisamos que, no caso de estar interesados na  convocatoria que se informa, devolvan asinado o seguinte compromiso de participación.

Compromiso de participación alumnado

Presentar na Secretaría do centro. Data límite para a presentación: 30 de outubro de 2023.

EDIXGAL 2023-2024

Poden consultar información sobre o proxecto neste enlace.

Servizo de soporte Premium:

Teléfono: 881 86 99 00

Email: soporte.premium@edu.xunta.gal

WhatsApp: 604 06 78 56

Telegram: @Serviciopremiumedixgal

 

Seguro opcional para o portátil: Se así o desexa, pode contratar un seguro anual (válido dende setembro de 2023 ata agosto de 2024), que permite cubrir o risco dos danos no portátil non contemplados na garantía.

O custe anual do devandito seguro é de 49€ (I.V.E. incluído), e a súa contratación pode realizarse no seguinte teléfono: 881 505 136

 Díptico Informativo Cobertura

 

INICIO DO CURSO - PRESENTACIÓNS

INICIO DA ACTIVIDADE LECTIVA E PRESENTACIÓNS DO ALUMNADO

LUNS 11 DE SETEMBRO

  • ALUMNADO DA ESO:
    • Presentación ás 12:50hs.
    • Fin da xornada lectiva ás 14:30hs.
  • BACHARELATO:
    • Presentación ás 12:50hs.
  • CICLO APSD:
    • Presentación ás 13:00hs.

IMPORTANTE: O transporte escolar unicamente prestará servizo ao final da xornada lectiva (regreso ao fogar) polo que o alumnado deberá acudir ás presentacións polos seus propios medios. O servizo de comedor funcionará de xeito ordinario para todos os solicitantes.

Asignación de aulas e acceso ás mesmas:

1º ESO A (Aula 4 Edificio 1), 1º ESO B (Aula 3 Edificio 1) - Acceso pola porta traseira do edificio 1 (pasarela cuberta).

2º ESO A (Aula  1 Edificio 2), 2º ESO B (Aula 2 Edificio 2), 2º ESO C (Aula 3 Edificio 2) -Acceso pola porta principal do edificio 2 (pasarela cuberta).

3º ESO A (Aula 4 Edificio 2), 3º ESO B (Aula 5 Edificio 2) e 3º ESO PDC (Aula 10 Edificio 2) - Acceso pola porta principal do edificio 2 (pasarela cuberta).

4º ESO A (Aula 6 Edificio 1), 4º ESO B (Aula 7 Edificio 1) e 4º ESO PDC (Aula 8 Edificio 1) - Acceso pola porta traseira do edificio 1 (pasarela cuberta).

1º BAC A (Aula 9 Edificio 1), 1º BAC B (Aula 10 Edificio 1) e 1º BAC C (Aula 11 Edificio 1) - Acceso pola porta principal do edificio 1.

2º BAC A (Aula 18 Edificio 1) e 2º BAC B (Aula 17 Edificio 1) - Acceso pola porta principal do edificio 1.

1º e 2º CM APSD (Aulas 20 e 21) - Acceso pola porta principal do edificio 1.

Asignación de grupos: Poderá consultarse na aplicación abalarMóbil e nas portas de acceso ao centro o mesmo día de inicio das clases. Dita asignación non poderá ser modificada salvo causas excepcionais debidamente xustificadas.

Recepción aos pais/nais do alumnado que se incorpora por primeira vez ao centro: 13:00 hs. no Salón de Actos co director do centro.

Entrega dos equipos Edixgal (ordenadores) ao novo alumnado da ESO: unha vez finalizada a reunión de pais/nais (aproximadamente ás 13:15hs.) Os ordenadores só poderán ser entregados a algún dos responsables legais do alumnado (pai/nai/titor legal).

 

Solicitude Comedor

Xa está dispoñible o modelo de solicitude de praza no comedor escolar coa correspondente autodeclaración de prezos.

Deberase entregar no centro antes do 31 de xullo.

Modelo

Lectura e familias - Ler conCiencia

Lectura e familias - Ler conCiencia

Becas e axudas para estudos postobrigatorios

A convocatoria de becas dirixidas ao alumnado de ensinanzas postobrigatorias: BAC, FP grao medio e superior, curso de acceso e preparación para probas de acceso á FP, Ensinanzas artísticas profesionais e superiores, Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, Ensinanzas deportivas, estudos relixiosos superiores, Universidades e ademais FP de grao básico para o curso 2023/2024.

Prazo de presentación: do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023, ás 24.00 horas, ambos inclusive.

As solicitudes de beca deberán presentarse, en todo caso, no prazo indicado no parágrafo anterior, aínda que dito prazo non coincida co prazo de matrícula correspondente.

Achegamos enlace á convocatoria e a páxina web do Ministerio onde está toda a información sobre as becas.

https://www.becaseducacion.gob.es/normativa/c/normativa.html

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/tipos-de-becas.html

Actualización dos Criterios de Promoción e Titulación

Despois da publicación dos decretos de curriculum, Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, e o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, procede a modificación dos criterios de promoción e titulación para o curso escolar 2022/2023 e seguintes, e coa concreción adoptada polo claustro deste centro o 21 de novembro de 2022.

Concreción curricular - Criterios de promoción e titulación

Distribuir contido


by Dr. Radut