Skip to Content

Cualificacións da 2ª avaliación

Prezadas familias, o venres 3 de abril, a partir das 15:00 horas, publicaranse as cualificacións do segundo trimestre.

Teredes aceso a elas de dous xeitos:

  •  Abalar móbil. Se descargastes a aplicaciónnun dos teléfonos que tedes comunicado ao centro.
  • TokappSchool. Recibiredes unha mensaxe coa comunicación das cualificacións, pola app, correo electrónico ou sms.

Se algunha familia non recibira as cualificacións debe comunicarllo ao centro que artellará outro medio de información.

As circunstancias excepcionais que estamos a vivir esixiron nalgúns casos revisións das programacións que poderán ser consultadas nas addendas dispoñibles no bloque relativo aos departamentos.

As posibles dúbidas e consultas poden dirixirse ás titorías ou ao resto do profesorado nos correos electrónicos publicados nesta web.

Por último, dende a dirección do Xograr queremos saudarvos e desexarvos que vos atopedes o mellor que esta situación vos permita. Como sabedes, o peche desta avaliación inclúe a valoración do traballo feito dende o día 8 de xaneiro ata o 13 de marzo, data na que se suspenderon as clases. A falta de realización de exames en moitas materias dificulta enormemente esta tarefa para o profesorado, polo que queremos transmitirvos que estas notas son só informativas e non teñen valor definitivo á hora de decidir a promoción ou titulación dos vosos fillos. Somos conscientes de que a maioría deles están traballando moito dende os seus fogares, con todas as dificultades engadidas que ten un ensino a distancia e as distintas dificultades de falta de equipos ou conexión axeitadas.

Os nosos mellores desexos de saúde



page | by Dr. Radut