Skip to Content

Segunda sesión do Xograr Lector

David Lozano participou na segunda sesión do clube de lectura “O Xograr Lector”, que tivo lugar o pasado venres 24 na biblioteca do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria. Cerca dunha veintena de participantes, entre profesores e alumnos, citáronse para falar do libro escollido, desta volta a novela de suspense “Valkiria.Game over”. E non estiveron sós os amantes desta actividade de lectura en común, senón que foron acompañados polo autor do libro, o escritor zaragozano David Lozano. Lozano, que ten outros títulos no mercado como “La puerta oscura” , “Cielo rojo” o “Herejía” e prepara unha nova publicación, mantivo unha charla informal cos docentes e estudantes sobre temas moi variados coa súa obra e a literatura en xeral.

 

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut