Durante as probas extraordinarias de setembro, o alumnado só poderá acceder ao centro para a realización da proba sen poder permanecer nel máis tempo do necesario. Así mesmo, só poderá dirixirse á aula en que terá lugar a proba extraordinaria seguindo en todo momento as indicacións relativas aos espazos de entrada e saída.
Deberanse respectar as seguintes normas:
-
Uso obrigatorio da máscara de protección en todo o recinto escolar.
-
Hixiene de mans ao acceder ao centro e de xeito frecuente. Dispensadores de solución hidro alcohólica nas entradas e en todas as aulas.
-
Manter a distancia de seguridade interpersoal (1.5 m).
-
Empregar material de uso propio. O alumnado non compartirá material con ningún dos seus compañeiros/as.
-
Ventás, portas, persianas, dispositivos de funcionamento de iluminación serán unicamente empregados polo profesorado, coas medidas de seguridade e hixiene que proceda.
-
Uso de aseos da planta baixa e planta primeira (acceso individual).
-
Días 1 e 2: Exames extraordinarios de ESO e BAC. (pincha no enlace para ver os horarios)
-
Día 3: Entrega de notas e consellos orientadores, recollida dos libros de texto e dos ordenadores EDIXGAL (só 2º da ESO) ás 17:00 horas.
-
Día 4: De 10:00 a 12:00 horas atención ao alumnado e as familias.
-
Días 4 e 7: De 09:00 a 14:00 horas reclamacións ás cualificacións na secretaría por parte dos/as responsables legais dos/as alumnos/as.
-
Día 9: Resolución das reclamacións ás 14:00hs. De continuar a disconformidade poderase solicitar que os expedientes de reclamación se remitan á xefatura territorial ata as 14:00hs do día 10.
-
Días 4, 7, 9 e 10: Matrícula do alumnado non matriculado en xuño-xullo. Horario de secretaría: de 8:30hs. a 14:30hs (preferentemente os días 4 e 7).
-
Día 10: Mercadiño libros bacharelato; deposito no centro dos libros para vender, ata o mércores 9 de setembro; compra de libros, o venres 11 de setembro entre as 16h30 e as 17h30, no salón de actos.
-
Día 11 e seguintes: Entrega de vales das axudas para compra de material.
-
Día 14: Publicación definitiva da listaxe de libros concedidos FONDO LIBROS.
-
Día 16: Comezo das clases.
-
Reparto de ordenadores (Edixgal 1º ESO) e libros do FONDO LIBROS: Unha vez comezadas as clases.