O proxecto que coordinamos dende o IES Virxe do Mar de Noia, obtivo a máxima puntuación de España na Resolución da Secretaría de Estado de Educación pola que se conceden axudas destinadas a promover agrupacións de centros educativos para a realización e posta en práctica de proxectos comúns de innovación educativa. O proxecto financiado polo Ministerio de Educación céntrase nos impactos do cambio climático no conxunto da rede hidrográfica española, integrando nela tambien os barrancos. Nel colaboraremos con estudantes andaluces, valencianos, madrileños e cántabros para elaborar un documental no risco que o cambio climático introduce no conxunto dos ríos españois e na rede peninsular de barrancos. Mantemos os 4 IES socios de https://4climas.org/ e incorporamos como 5º IES o IES Lope de Vega de Madrid. |