Un grupo do noso alumnado participou no Campus Climántica 24 convocado pola Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Aveiro. Este campus internacional forma parte dun proxecto Erasmus+ coa temática do Cambio Climático como eixo fundamental. O noso centro, baixo a coordinación do departamento de Bioloxía e Xeoloxía, participa no mesmo dende a súa primeira edición.
A experiencia foi moi proveitosa e o noso alumnado xa está pensando na próxima edición. Desta volta estiveron acompañados por Sandríne e Francisco como profesorado do centro.
Noraboa a todos os participantes polo traballo desenvolvido e pola toma de conciencia e coñecementos nun tema tan importante para a especie humana e o noso planeta.
O IES Virxe do Mar está participando no proxecto 4 climas. A próxima proposta do mesmo é unha viaxe (10 ao 15 febreiro) ao Parque Nacional de Doñana con visitas á cidade de Córdoba, vila de Chillón, minas de Almadén e oo Parque das Táboas de Daimiel. Nesta mobilidade participarán institutos de Córdoba, Elxe e Outes. Para participar desta actividade o proxecto CLM4S convoca un certame de curtametraxes. Se eres alumn@ de 3ºESO, 4ºESO ou BACH, defendes a loita contra o cambio climático e queres participar...lee as bases adxuntas, graba un pequeno vídeo e...ADIANTE!!.