Skip to Content

Reunión inicial do Comité de coordinación de eCO2Rivers.

O pasado luns 11 de novembro fomos os anfitrións da primeira reunión do Comité de coordinación do proxecto Erasmus+ de innovación educativa “Cambio climático entre os ríos e humidais do SW europeo (eCO 2 Rivers)”. Nesa reunión participaron as direccións e os coordinadores Erasmus+ das catro instucions de Portugal e España integradas neste proxecto europeo. Nela qudaron acordadas as datas das mobilidades de Galicia (do 24 ao 28 de marzo de 2025) de Aveiro (do 30 de agosto ao 3 de setembro de 2025) e de Coimbra – Lisboa (do 4 de setembro ao 7 de setembro).
Quedou pendente para decidir na reunión intermedia de Madrid que se celebrará en novembro de 2025 a mobilidade madrileña. Tamén se analizaron os escenarios e contidos a recoller nos capítulos do documental que se gravarán en cada unha das catro mobilidades.
Pódese ver a información do proxecto dente este enlace ao portal da Comisión Europea: https://erasmus-plus.ec.europa.eu/projects/search/details/2024-1-ES01-KA210-SCH-000247003

 

 



blog | by Dr. Radut