Información Xeral
TEATRO con CÁNDIDO PAZÓ
Cándido Pazó en Memorias dun neno labrego
O día 9 de maio de 2018 visitounos Cándido Pazó para nos traer o seu espectáculo narrativo-teatral baseado no libro Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, e que o dramaturgo adaptou para celebrar o 50 aniversario da primeira publicación en Bos Aires do libro máis lido, publicado e traducido da nosa literatura. Monólogo co que amais, agora, lle rende homenaxe á figura do egrexio escritor.
Dedicado a todos os Balbinos do mundo, os que son, foron e serán. Os das aldeas da memoria e os das leiras de asfalto. Os expulsados da infancia, nenos labregos que en lugar de sacho empuñan un fusil, os refuxiados de toda caste de medos e miserias, os que tiran pedras...
Programación actividades Dinamización Lingüística
Enviado por admin o Mér, 10/01/2018 - 02:41Enlaces de interese
Nesta páxina podes atopar enlaces que che poden axudar no teu traballo en galego.
Ofrecémosche ademais unha páxina que se actualiza constantemente, volcando no mesmo espazo bitácoras e webs dos ENDL dos centros escolares galegos e outros sitios relacionados coa lingua. A dirección é a seguinte